Nortrans. 9º Salón do transporte e a loxística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa en Nortrans, o 9º Salón do transporte e a loxística que se realizou en Expourense, en Ourense os días 28 e 29 de xuño de 2013.
No stand de Formación Profesional púidose atopar información e recibir orientación en relación a:
- Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
- Acceso á Formación Profesional
- Itinerarios formativos e profesionais
- Saídas académicas e profesionais
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
- Emprendemento
- Formación Profesional Dual
Etiquetas:
Multimedia: