Edugal. Pontevedra 2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está presente en Edugal. Pontevedra 2015, o IV Salón de oferta de Educación e Formación de Galicia que se realizará no Recinto Ferial de Pontevedra os días 25, 26 e 27 de febreiro de 2015.
No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:
- Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
- Acceso á Formación Profesional
- Itinerarios formativos e profesionais
- Saídas académicas e profesionais
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
- Emprendemento
- Formación Profesional Dual
Na zona de exposición tamén está presente unha representación dos centros de FP e de ensinanza de réxime xeral:
- CIFP A Xunqueira
- CIFP Carlos Oroza
- IES Chan do Monte
- IES Luis Seoane
- IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura
- CMUS Profesional "Manuel Quiroga"
- Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
- ESCO de Conservación e Restauración de Bens Culturais
Pode acceder o programa de actividades no aquivo pdf Edugal 2015,
Información da Recinto Ferial de Pontevedra: contacto, horarios, localización...
Etiquetas:
Multimedia: