Proxectos experimentais de formación profesional dual. Convocatoria 2014
Novo prazo de presentación de solicitudes
Establécese un novo prazo de presentación de solicitudes, ata o vindeiro día 31 de xullo ás 13.00 horas, para os ciclos formativos e centros relacionados seguite táboa:
Centro educativo |
Código de ciclo |
Ciclo formativo |
Entidade colaboradora |
CIFP Someso |
MIMP02 |
Peiteado e cosmética capilar |
Loida, S.A. |
MTMV02 |
Electromecánica de vehículos automóbiles |
Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña |
|
CIFP Politécnico de Santiago |
MTMV02 |
Electromecánica de vehículos automóbiles |
Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña |
IES Universidade Laboral |
MTMV01 |
Carrozaría |
Unidad de Vehículos Industriales, S.A.(Unvi) |
CIFP Carlos Oroza |
SHOT04 |
Dirección de cociña |
Arlea Hotels, S.L.U. |
SHOT05 |
Dirección de servizos en restauración |
Arlea Hotels, S.L.U. |
|
SHOT01 |
Xestión de aloxamentos turísticos |
Arlea Hotels, S.L.U. |
|
IES Ricardo Mella |
SADG01 |
Administración e finanzas |
Bosch Security Systems, S.A.U. |
Presentación da solicitude
Deberá presentarse unha única solicitude, por duplicado, que se entregará nalgún dos seguintes centros:
- 15024513 - CIFP Someso
- 15015767 - CIFP Politécnico de Santiago
- 32009131 - IES Universidade Laboral
- 36020064 - CIFP Carlos Oroza
- 36011579 - IES A Guía
- 36017430 - IES Ricardo Mella
En caso de que a persoa solicitante presente máis dunha instancia ou solicite máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición.
Documentación
A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:
- Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
- Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae
Requisitos das persoas solicitantes
Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:
- Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos, no caso dos ciclos de grao superior.
- Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.
- Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
- Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
- Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
Calendario do procedemento (Novo)
- Presentación de solicitudes: ata o 31 de xullo ás 13 horas.
- Relación provisional de persoas solicitantes: 1 de setembro
- Reclamación á relación provisional de persoas solicitantes: 2 e 3 de setembro
- Relación definitiva de persoas solicitantes: 4 de setembro
- Período de selección por parte da entidade colaboradora: do 2 ao 9 de setembro
- Relación de persoas admitidas e en espera: a partir do 10 de setembro
- Matrícula: antes do día 12 de setembro
Participación simultánea nos procedementos de admisión a FP Dual e ao resto de modalidades de FP
As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos para o curso 2014-2015 na convocatoria de xuño, tamén poderán se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime de ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia, no prazo de ordinario de xuño-xullo. Neste caso:
- As persoas seleccionadas nalgún dos proxectos de formación dual e que se matriculen no ciclo do proxecto solicitado, expresamente están renunciando a seguir no procedemento de admisión a ciclos formativos; non serán adxudicadas e non poderán formalizar ningunha matrícula na modalidade presencial ou a distancia.
- As persoas non seleccionadas nos proxectos de formación dual, seguirán no procedemento de admisión a ciclos formativos e se é o caso, poderáselle adxudicar unha praza para que posteriormente realicen a matrícula nos prazos establecidos.
Información para o alumnado matriculado en proxectos autorizados en convocatorias anteriores
O alumnado dos proxectos de formación profesional dual autorizados con anterioridade e que estanse a desenvolver, poderá:
- Solicitar validacións de módulos do ciclo formativo no que se matricule, por ter realizado outro ciclo formativo ou ter acreditada algunha unidade de competencia. No caso que a validación sexa concedida, o alumnado deberá asistir á totalidade das actividades, profesionalizadoras ou formativas, que cumpra realizar na empresa.
- Realizar a matrícula do módulo de formación en centros de traballo e o módulo de proxecto, de ser o caso, no último curso do proxecto
- Cursar o módulo de proxecto dos ciclos formativos de grao superior durante o derradeiro ano dos proxectos de formación profesional dual
Listaxes do procedemento de admisión
Período ordinario
- Listaxe provisional de solicitudes de formación profesional dual de grao medio
- Listaxe provisional de solicitudes de formación profesional dual de grao superior
- Listaxe definitivas de solicitudes de formación profesional dual de grao medio
- Listaxe definitivas de solicitudes de formación profesional dual de grao superior
- Listaxe de persoas admitidas e en espera a proxectos de formación profesional dual de grao medio
- Listaxe de persoas admitidas e en espera a proxectos de formación profesional dual de grao superior
Período extraordinario
- Listaxe provisional de solicitudes de formación profesional dual de grao medio
- Listaxe provisional de solicitudes de formación profesional dual de grao superior
- Listaxe definitiva de solicitudes de formación profesional dual de grao medio
- Listaxe definitiva de solicitudes de formación profesional dual de grao superior
- Listaxe de persoas admitidas e listaxe de persoas en espera de formación profesional dual de grado medio
- Listaxe de persoas admitidas e listaxe de persoas en espera de formación profesional dual de grado superior
As persoas admitidas deberán matricularse na secretaría do centro, en horario de oficina, antes do 12 setembro.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa que regula a FP dual).