Probas de acceso grao superior Convocatoria 2014
Introdución
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG, do luns 10 de marzo, a Orde pola que se convocan para o ano 2014 as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo.
Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2014
Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
- Calendario das probas de acceso
Composición dos tribunais
Resolución do 20 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2014.
Relación de documentos de interese
Nas seguintes ligazóns atópase a documentación de interese para os aspirantes:
- Modelo de solicitude de inscrición
- Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa
- Solicitude de corrección do documento de identificación
Listaxes da convocatoria 2014
Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realizacióndas probas de acceso para a convocatoria 2014.
As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2014.
Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición.
- Listaxe provisoria
Período de reclamación: do día 7 ao 10 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición. - Listaxe definitiva
Acceso ás listaxes de exención.
- Listaxe provisoria
Período de reclamación: do día 7 ao 10 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición. - Listaxe definitiva
Acceso ás listaxes de cualificación.
- Listaxe provisoria
Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 20 ao 22 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
Modelo de reclamación ás cualificacións provisorias
- Listaxe definitiva
A partir do día 3 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba no centro onde foron realizados os exames.
Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.
Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2014
- Parte común (actualizado o 09/05/2014)
- Parte específica (actualizado o 19/05/2014)