Probas de acceso grao superior Convocatoria 2013
Introdución
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG do 21 de xaneiro de 2013 a resolución pola que se convocan para o ano 2013 as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo, de acordo co establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2013
Na seguinte ligazón pódese consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
- Calendario das probas de acceso
Composición dos tribunais
Resolución do 25 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2013.
Listaxes da convocatoria 2013
Na seguinte ligazón pódense consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2013.
As listaxes iranse actualizando segundo as datas establecidas na Resolución do 10 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013.
Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición.
Acceso ás listaxes de exención.
Acceso ás listaxes de cualificación.
- Listaxe provisoria
Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 13 ao 15 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición. - Listaxe definitiva
A partir do día 29 de maio poderanse solicitar os certificados da proba no centro onde foron realizados os exames.
Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.
Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2013.
- Parte común
- Parte específica (actualizado o 10/05/2013)