Skip to Content

ESCOLA VERDE

Memoria Proxecta Escola Verde curso 2023-2024

Vídeo resumo das actividades desenvolvidas no Proxecta Escola Verde durante o curso 2023-2024.

escola verde

 

 

I Xornadas de Ciencia e Medioambiente

Os días 12, 13 e 14 de xuño terán lugar no IES Xoán Montes as I Xornadas de Ciencia e Medioambiente.

Ao longo destes tres días poderemos desfrutar dunha exposición sobre o efecto dos plásticos e o medioambiente que ao longo deste curso o alumnado elaborou en distintas materias (Educación Física, Inglés, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, e Proxecto Competencial).

Ademais, contaremos con numerosos obradoiros cientíticos dirixidos polo alumnado do Club de Ciencias que levará a cabo nos recreos distintas demostracións. Non dubides en participar, sorprenderaste!

cartel

Cartel das xornadas. Elaborado por Inés Iglesias. 

 

Charla para as familias "Eficiencia enerxética climática"

O próximo martes, 28 de maio, de 16:30 a 18:30 terá lugar a charla para as familias e profesorado "Eficiencia enerxética doméstica" na biblioteca do IES Xoán Montes.

Esta actividade enmárcase dentro da liña de traballo sobre educación ambiental e reciclaxe, desenvolvida neste curso e que nos gustaría estender ás familias. Nesta ocasión contamos coa presenza de Manuel Díaz, responsable da área didáctica do Parque Eólico Experimental Sotavento que é un experto do tema, ademais dun magnífico comunicador.

Por unha cuestión de aforo, agradécese a inscrición escribindo un correo a martacoria@edu.xunta.gal

sotavento

CONCURSO DE RECICLAXE

Ao longo do mes de abril e a primeira quincena de maio levarase a cabo no centro un concurso de reciclaxe co obxectivo de concienciar á comunidade educativa da necesidade e posibilidade dunha escola máis limpa e ecolóxica. 

Os cursos participantes da ESO terán que ir superando retos semanais para acadar puntos. A clase que cumpra o desafío con maior implicación recibirá un premio polo esforzo. Aínda que sen dúbida o premio é colectivo por camiñar cara a hábitos máis coidadosos co noso planeta.

cartel ECO

Queremos un entorno VERDE!

Alumnado e profesorado do IES Xoán Montes expresamos o noso malestar pola tala das árbores diante do noso centro. As mensaxes escritas polos rapaces amosan a conciencia que teñen sobre estes seres vivos e a indignación fronte accións tan contrarias á vida como estas.

Na noticia relacionada na prensa indícase que serán substituídas por árbores do paraíso. Non atopamos sentido a ter que plantar especies exóticas coa riqueza paisaxística coa que contamos en Galicia. 

escola verde

Manifestación contra a tala de árbore. Foto de Amparo Veiga

Distribuir contido


by Dr. Radut