Skip to Content

Taboleiro

Xornadas de cooperativismo

29/10/2009 00:00
29/10/2009 14:20
Etc/GMT+1

aulaemprendedoraceinodus

Alumnado participante: o matriculado no Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 3º e 4º da ESO

Charla explicativa do xogo PLAY! Desafío para Novos Emprendedores

23/10/2009 00:00
23/10/2009 00:50
Etc/GMT+1

Gonzalo Garre Rodas, Director Operativo de Play! Desafío para Novos Emprendedores, virá a impartir unha charla informativa ao alumnado de economía de 1º de Bacharelato na aula de informática, de 9.00 a 9.50 horas.

Organiza o concurso: a "Escuela de Negocios CAIXANOVA"

Patrocinador:  o "Instituto de desarrollo Caixanova"

 

Datas de celebración dos exames extraordinarios de setembro de 2009

01/09/2009 09:00
03/09/2009 19:30
Etc/GMT+1

Para ver as datas dos exames de setembro de 2009 preme aquí.

Festival fin de curso

23/06/2009 09:00
23/06/2009 14:30
Etc/GMT+1

9:00 Presentación

Parabéns aos premiados no concurso de citas

 

 

Xa sabemos os premiados  no concurso de citas persoais orixinais e o sorteo de citas favoritas.

Desde o equipo da biblioteca queremos agradecer a colaboración do profesorado e de todo o persoal do centro na súa difusión, e a súa axuda na posta en marcha desta actividade. Por suposto, tamén queremos agradecer a todo o alumnado a súa participación.

No sorteo de citas favoritas, o elexido pola sorte foi Manuel Sánchez Arroyo, de 1º da ESO.

Por outra parte, no concurso de frases orixinais, debemos dicir que foi difícil escoller a cita persoal porque moitos puxéronlle moita ilusión e bonitas palabras, pero como so podía gañar un damos os parabéns a ...tachán...

Cristóbal Pérez del Blanco, alumno de 3º da ESO, coa frase:

"Un libro unha esperanza, un libro unha ilusión. Un libro descuberto é un libro aberto, pero un libro pechado é un mundo por descubrir cheo de ilusión"

Oxalá todos e todas sigamos descubrindo mundos cheos de ilusión.

CONMEMORACIÓNS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Ramón Piñeiro , os alumnos de 1º de ESO realizaron una serie de ilustracións baseadas en fragmentos de obras do citado autor.

Pódense ver nun dos taboleiros de entrada do centro ( a carón das clases de 2º de ESO)

ENTREGA DE PREMIOS

O venres 15 de maio, durante os actos de celebración do día das letras galegas, a partir das 12 da mañá, o Departamento de Inglés entregará os premios correspondentes ao I English Literary Contest. Contamos coa túa participación no evento!

Concurso fotográfico: Saudade B



Relaciono esta imaxe coa saudade pola mirada perdida do home, na que se percibe nostalxia, melancolía… En definitiva, o que ou definiría como saudade.

Concurso fotográfico: Saudade B

Día de Europa

celebración día de Europa

O 9 de maio celebramos o Día de Europa para conmemorar o día no que Robert Schuman presentou, hai 59 anos, a súa proposta para a creación dunha Europa organizada e pacificada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut