Skip to Content

ENTROIDO 2020 IES XOÁN MONTES

O pasado 21 de febreiro celebramos nos instituto un divertido concurso de disfraces. O alumnao seguiu con entusiasmo o disfraz das e dos participantes.

Noraboa a todas e todos os participantes polos vosos disfraces e pola vosa posta en escena! E en especial parabéns aos premiados! Na categoría individual, Iñaki Garrido de 2º ESO que tanto nos fixo desfrutar do fermoso baile do Xigante de Pamplona. Na categoría grupal, o grupo "La Casa de Papel" arrincou os aplausos do público coa súa performance a ritmo de Bella Ciao Remix.

premio individual premio grupal 
 PREMIO INDIVIDUAL  PREMIO GRUPAL

Moitas e moitos alumnos quixeron participar da xornada festiva con inxeniosos e divertidos disfraces. Aquí queda unha pequena mostra! (Preme en "Ler máis").

Visita aos museos científicos da Coruña

O alumnado de Bioloxía e Cultura Científica de 1º BAC tivo a oportunidade de visitar os museos científicos da Coruña. Na Domus, coñeceron máis características da especie humana a partir de numerosas actividades interactivas. No Aquarium Finisterrae visitaron distintas salas con acuarios adicadas ao mundo mariño, así como presenciar a alimentación da poboación de focas.

foto de grupo acuario

Viaxe pedagóxica do alumnado de Bacharelato a Roma

O alumnado de Historia da Arte e de Grego de 1º e 2º de BAC do IES Xoán Montes, acompañados polas profesoras das respectivas materias, acaba de regresar da súa viaxe cultural a Roma. Durante cinco días tiveron a oportunidade de visitar algúns lugares emblemáticos da città eterna como podemos ver nas imaxes. Co obxectivo de que coñecesen as obras de arte no seu contexto, na cidade do Tíber visitaron, entre outros lugares, o Coliseo, o Panteón, o Vaticano, e as Galerías Doria Pamphili e Borghese.

Premios no VI Concurso de Traballos por Proxectos

PREMIOS TRABALLO POR PROXECTOS

Noraboa! O noso Centro vén de ser premiado por duplicado no VI Concurso de Traballos por Proxectos do Plan Lía de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación. 

Captura de blog captura proxecto

IES XOÁN MONTES: CENTRO DA PROVINCIA CON MELLOR NOTA MEDIA NA ABAU

O Xoán Montes obtivo este ano a mellor nota media na ABAU, tal e como se pode ler no 

Libros de texto. Curso 2021/2022

Olimpiada nacional de Economía

E seguimos a celebrar boas novas.

O noso alumno de 2º Bacharelato David Fernández Rodríguez, acadou o 8º posto de entre os 135 participantes na Olimpiada nacional de Economía. E ademais, formou parte do equipo galego, que obtivo o 3º posto. Parabens.

Tamén parabens a súa profesora de Economía Beatriz López polo éxito acadado.

ABAU 2019

Un ano mais o I.E.S. Xoán Montes ten un 100 % de aprobados nas probas da ABAU.

 

Noraboa a todo o alumnado e tamén ao seu profesorado.

Seguiremos traballando para que estes resultados se repitan moitos anos.

Listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

Aqui se pode consultar as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso.

Concurso Young Business Talents.

O vindeiro 5 de abril celébrase en Madrid a final do concurso Young Business Talents e alí estará presente o noso equipo formado por alumnos de 2º Bacharelato xunto coa súa profesora de Economía da empresa.

Felicidades e...... a por todas!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut