O IES Xoán Montes foi, durante o curso 2020-2021, centro piloto dun programa sobre avaliación de competencias transversais STEM dentro dun proxecto Erasmus+ KA3 promovido pola Consellería de Educación, en colaboración coa USC.
O alumnado realizou unha autoavaliación sobre o seu grao de competencias transversais antes e despois da incorporación do Marco europeo de traballo de Competencias STEM, baseado en metodoloxías activas e participativas. A USC estudará e difundirá, previsiblemente en outubro, os resultados do proxecto que permitirán coñecer o grao de ditas competencias: resolución de problemas, innovación e creatividade, comunicación, pensamento crítico, capacidades metacognitivas, colaboración, autorregulación, competencias e destrezas disciplinares.
Cartel Competencias STEM. Beatriz Penas Trastoy (3ºB). CC BY-SA