Skip to Content

ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS E PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

A entrega de boletíns das avaliacións final e extraordinaria farase na aula de grupo por parte dos titores nas seguintes datas e horario: 

2º BAC: XOVES, 23 DE XUÑO, ÁS 10:00

1º BAC: LUNS, 27 DE XUÑO, ÁS 9:00

ESO: MARTES, 28 DE XUÑO, ÁS 9:00

(Tamén se entregarán os consellos orientadores nos cursos 2º e 4º)

Para revisar probas e exames póñanse en contacto ou pidan cita co profesor da materia.

PAULA LAMAS, 2º PREMIO NA CATEGORÍA ARTIGOS DE OPINIÓN DE PRENSA-ESCOLA

A alumna Paula Lamas de 1ºBAC do IES Xoán Montes vén de recibir un premio dentro do programa Prensa Escola de La Voz de Galicia levado a cabo neste curso na materia de Economía.

Paula, acompañada pola profesora de Economía Lara Oliveros, recibiu na cidade da Coruña o 2º premio na categoría de opinión, na modalidade xuvenil, cun artigo sobre o consumo excesivo e poñendo a atención na Lei das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Recibiu 

Noraboa Paula polo teu artigo, polo 2º premio acadado e, especialmente, por difundir a necesidade de coidar o medio ambiente. Soamente temos un planeta!

Paula Lamas Paula Lamas2

Recollida do premio de Paula Lamas. Fotografía de Lara Oliveros. CC BY-SA

Licencia de Creative Commons

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO DO FONDO DE LIBROS

Os libros de texto do fondo de libros en préstamo no curso escolar 2022-23 deberán ser devoltos ANTES DO 21 DE XUÑO seguindo o seguinte procedemento: 

  • Se conservan o documento  no que figura a relación de libros entregados en préstamo: 

Os propìos alumnos traerán á aula antes da data indicada todos os libros xunto co documento. 

  • Se non conservan dito documento: 

Os pais deberán entregar os libros na oficina do Centro antes do 21 de xuño. 

MATRÍCULA ABAU CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO

No enlace poden acceder a toda a información para a matrícula na convocatoria extraordinaria da ABAU. 

FONDO DE LIBROS 2022-23

Poden consultar no documento toda a información respecto á solicitude de participación no fondo de libros para o vindeiro curso escolar 2022-23.

Explicación en inglés dos graffiti próximos ao instituto. 2ºESO

Ao longo do mes de maio o alumnado de 2ºESO realizou unha actividade na materia de Inglés para mellorar a expresión oral. Despois de debatir na clase sobre as diferenzas entre arte urbana, graffiti e vandalismo, realizaron un traballo de investigación sobre distintos graffiti próximos ao instituto. Aproveitando o bo tempo, por parellas, fixeron unha explicación en inglés ao resto do grupo. 

Velaquí un albúm como documento gráfico desta fermosa actividade.

ANTEPROXECTO CURRÍCULO SECUNDARIA LOMLOE GALICIA

 

O proxecto de decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia está en fase de envío de suxestións. Neste enlace poden consultar o proxecto e enviar, se así o desexan, suxestións.

INFORMACIÓN MATRÍCULA ABAU

Neste enlace hai información detallada sobre o proceso de matrícula para a ABAU. 

ATENCIÓN: hai un erro na cantidade a ingresar para o pago do título de Bacharelato. O importe é: 

NORMAL: 54,OO EUROS

FAMILIA NUMEROSA: 27,03

FAMILIA NUMEROSA CATEGORÍA ESPECIAL: GRATUÍTA

Actividade organizada pola ANPA: PASEO GUIADO POLO LUGO DESCOÑECIDO

O sábado pasado, coincidindo coa chegada do Maio, tivemos a ocasión de desfrutar dunha formidable xornada de convivencia entre familias, profesorado e alumnado organizada pola ANPA do IES Xoán Montes. Desfrutamos dun paseo polo "Lugo descoñecido" acompañados pola moi grata compañía do guía oficial de turismo Guido Álvarez Parga.

Tras comezar a visita no Parque de Rosalía de Castro, adentrámonos no fermosísimo Barrio do Carme. Alí coñecimos a importancia que ten este barrio para a nosa cidade dende o punto de vista natural, etnográfico, histórico...

Sen dúbida foi unha boísima oportunidade para coñecer e querer máis a nosa cidade, así como de coñecernos máis e fortalecer a comunidade educativa do IES Xoán Montes.

foto de grupo

Foto de grupo "O Lugo máis descoñecido". ANPA IES Xoán Montes. CC BY-SA

Gran actuación do noso equipo na final do YBT Noraboa!

Non podemos estar máis orgullosas da participación do noso equipo, traballaron duro e conseguiron quedar segundas da súa simulación, un moi meritorio posto.

Moitas grazas por representar tan ben ao noso centro e aos centros da provincia de Lugo e boa viaxe de regreso a casa.

  


 

 

Licenza Creative Commons

Esta obra de Lara Olivero Ben ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Distribuir contido


by Dr. Radut