Skip to Content

PROCEDEMENTO E CALENDARIO RECLAMACIÓNS 2º BACHARELATO

Nesta circular poden informarse sobre o procedemento e prazos que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no 2º curso de bacharelato. Tamén inclúe modelos orientativos de solicitude. 

Visita virtual á exposición As miradas de Isaac (Cidade da Cultura)

O alumnado de 1º BAC tivo a oportunidade de facer unha visita virtual á exposición As miradas de Isaac na Cidade da Cultura en Santiago.

A exposición inaugurada co gallo do centenario de Isaac Díaz Pardo fai unha restrospectiva da súa vida e obra. Dende a biblioteca do noso centro conectamos en directo coa exposición.

O guía explicounos con detalle as distintas etapas da vida do intelectual e humanista galego a partir da exposición e resolveu todas as consultas que realizou o alumnado.

Os pequenos fragmentos audiovisuais das últimas entrevistas do propio Isaac Díaz Pardo foron nos axudaron a comprender a súa mirada ante o mundo que nos tocou vivir: "vivimos na sociedade da rede, rede na que estamos cazados sen poder saír".

 Podes ver máis abaixo fotografías e información da exposición. Notas da visita virtual

CONCURSO DE INSIGNIAS PARA A AULA VIRTUAL

NORABOA!!!

O xurado do concurso de insignias para aula virtual do centro vén de decidir as tres insignias premiadas.

A votación levouse a cabo sen coñecer a autoría das mesmas e tendo en conta, entre outros aspectos, a orixinalidade, funcionalidade, simplicidade e representatividade das insignias participantes.

Como se pode ver, o nivel foi moi elevado polo que felicitamos a todo o alumnado participante polo seu esforzo e traballo.  

1º PREMIO 2º PREMIO 3º PREMIO
principiante

        aprendiz      

 

María Castro Núñez (4º ESO)

 Icía Quiñoá Fariñas (2º ESO)   Adrián Rodríguez Díaz (3º ESO)

 

 Estas son as fotos dos premiados:

maria_castro uxia_quinoa adrian
premios premios2 premios3

 

 

BOAS FESTAS!

Tarxeta feita pola alumna NEREA GARCÍA 

CONCURSO DE INSIGNIAS PARA A AULA VIRTUAL

Convócase un concurso co obxecto de seleccionar unha insignia para a aula virtual do IES Xoán Montes.

A data límite de entrega será o venres 24 de xaneiro de 2021.

Consulta aquí as bases e os premios!

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

A nosa alumna Rachel Elizabeth Rodríguez José acaba de obter o premio extgraordinarido da ESO ao rendemento académico correspondente ao curso 2019/20. Aparte do diploma acreditativo e o premio de 750 €, este recoñecemento figuraralle no seu expediente académico. 

Puideron acceder a esta convocatoria as alumnas e alumnos que cursasen o pasado ano académico o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivesen no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os presentados deberon, así mesmo, realizar unha proba específica.

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS (alumnos de E.S.O.) – CURSO 2020/21

REUNIÓNS TITOR/A COAS FAMILIAS

 

As reunións do titor ou titora coas familias faranse telemáticas, polo que cada familia recibiu unha mensaxe co enlace correspondente para poder participar. De non ser así, póñanse en contacto co centro.

Este é o calendario das reunións:

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS E REUNIÓNS COS TITORES

No apartado pais/nais, en INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS teñen o Manual das familias actualizado, así como o calendario do curso actual. 

As reunións de inicio do curso do titor ou titora coas familias farase este curso por mor da COVID de xeito telemático. Prevese que se organicen durante a semana do 19 ao 22 de outubro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut