Skip to Content

Hoxe 2 de outubro conmemórase o día da Educación Financeira

 

O lema deste ano é Finanzas inclusivas, finanzas para todos. 

A semana do 2 ao 6 de outubro realizaranse nas distintas clases de Economía e Formación e orientación persoal e profesional un obradoiro sobre educación financeira onde se tratarán distintos temas como a seguridade financeira, a importancia do aforro, o consumo intelixente e sostible, os tipos de tarxetas bancarias, banca dixital...

Hai moitos recursos, non so para este día, de interese:

Finanzas para todos

Portal do cliente bancario do Banco de España

Edufinet

Charla con ex-xogador de baloncesto Sergi Grimau

O alumnado 2ºESO tivo a ocasión de asistir á charla de Sergi Grimau "Luz ao Deporte" organizada pola Fundación Breogán.

Ao comezo da sesión, Sergi compartiu cos rapaces momentos da súa traxectoria profesional e persoal. A continuación, dun xeito moi dinámico explicou a importancia de valores que nos axudan a afrontar a vida con facilidade e felicidade: traballo en equipo, confianza, motivación, talento, etc.

PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO, NORABOA PILAR!

A alumna Pilar Corredoira Coira, que cursou bacharelato no IES Xoán Montes, recibiu un dos vinte premios extraordinarios concedidos pola Consellería de Cultura, Educación e Formación Persoal.

O diario El Progreso publicou unha reseña recollendo esta boa nova. Preme aquí para ler o artigo.

Noraboa por recibir ese recoñecemento ao teu esforzo!

medalla

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

Relación de libros de texto para o curso 2023-2024.

COMEZO DO CURSO 2023-2024

Aprendendo a acoller e amar o que sentimos.

Canta ilusión por empezar o novo curso!

 

O Equipo de Acollida do IES Xoán Montes acompañou ao alumnado novo no centro no día da presentación:

 

FONDO LIBROS

Publicada a relación definitiva de alumnado que ten concedido o fondo de libros no taboleiro de anuncios da entrada do instituto. 

A entrega de vales para o material farase a partir do 1 de setembro.

PROCESO DE ADMISIÓN FP Básica

O 10 de xullo publicarase a listaxe provisional de alumnado admitido na FP Básica e o día 24 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

A matrícula será a partir do 24 de xullo nos centros educativos nos que se obtivo praza.

MATRÍCULA

Está aberto o prazo de matrícula ata o 7 de xullo  (14h) para o curso 2023-2024. Para axilizar o proceso da matrícula pregámoslles que se axusten, de ser posible, ao seguinte calendario de matrícula por curso:

ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 1º ESO: do 23 ao 26 de xuño

ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 2º ESO: do 26 ao 28 de xuño

ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 3º ESO:  4 e 5 de xullo

ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 4º ESO: 6 e 7 de xullo

ALUMNADO PARA MATRÍCULA  EN 1º BAC: 29, 30 (xuño) e 3 (xullo)

ALUMNADO PARA MATRÍCULA EN 2º DE BAC: 3 de xullo (en caso de que teñan aprobado todo na convocatoria ordinaria poden matricularse antes )

O horario para formalizar a matrícula será de 8:30 a 14:30 e de 16:30 a 18:30 (agás o venres ata as 14h)

Poden consultar toda a información relativa á matrícula aquí.

FIN DE CURSO!

Chegamos ao remate doutro curso. Que rápido pasou e cantas emocións vividas e aprendizaxes levamos nas "mochilas"!

O alumnado de 4º ESO festexou o fin de etapa cun emotivo acto que estivo amenizado polas actuacións musicais de Liver Planas ao piano e do grupo Beach Avenue do que é integrante Iñaki Santiso, ambos alumnos de 4ºB. Coma habitual, o alumnado loceu as súas mellores galas para este acto de despedida.

despedida 2023

ENTREGA NOTAS FINAL (ESO) E EXTRAORDINARIA (BAC)

O LUNS, 26, ÁS 11:00 os titores entregarán na aula de grupo os boletíns de cualificacións ao alumnado da ESO e ao alumnado de BAC que tivo que concorrer á convocatoria extraordinaria.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut