O equipo formado polas alumnas DINA DURÁN RODRÍGUEZ, PAULA QUIAO LEBÓN REAL e VALENTYNA MULYK gañou o primeiro premio na última edición do concurso INTERCENTROS, no que alumnos de 1º de Bacharelato de todos os institutos da cidade deben contestar preguntas de diferentes materias deste curso así como de actualidade.
Dina, Paula e Valentyna repetiron o éxito acadado o curso pasado polo equipo formado polo alumnos SANTIAGO IGLESIAS GÓMEZ, SANTIAGO PÉREZ ACUÑA e ANDREA MIRAGAYA , quenes tamén acadaran entón o primeiro premio.