Skip to Content

XORNADA PORTAS ABERTAS USC

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo as "Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC". Estas Xornadas están dirixidas ao estudantado que ven de realizar as probas das ABAU, e que vai entrar na Universidade, para que poida achegarse as titulacións de Grao que lle poidan interesar da nosa Universidade.

Os/as interesados/as poderán inscribirse mediante o seguinte formulario indicando o número de asistentes (no caso de vir con algún acompañante) e seleccionando as titulacións que queren visitar. As titulacións están agrupadas polos centros no que se imparten. Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario.

O prazo de inscrición rematará o día martes, 11 de xuño ás 14 horas para o Campus de Santiago e o luns, 18 de xuño ás 14 horas para o Campus de Lugo.

Charla informativa das mulleres nas Forzas Armadas

Mulleres das forzas armadas, en particular, do Exército de Terra e de Aire informaron ao noso alumnado sobre as vías de acceso e o desempeño do seu traballo.

Falaron, entre outras cuestións, dos entrenamentos dos distintos corpos nos que se subdividen e das misións de paz que son as maioritarias.

Grazas por vir falar ao noso alumnado!

mulleres

Charla mulleres Forzas Armadas. Foto de Inés Iglesias. CC BY-SA

Practica Surf en la playa de Abrela

Este lunes 3 de junio realizamos una salida a Viveiro para llevar a cabo una actividad extraescolar en la que combinamos dos actividades; Surf y un pequeño paseo hasta el mirador da Insua.

El surf es un deporte que puede practicarse en las costas gallegas, donde suelen darse buenas condiciones de tiempo y olas. 

Esta actividad proporciona varias mejoras como el control corporal en superficies inestables y un aumento de la velocidad de reacción, del equilibrio, de la resistencia y de la fuerza, varios comentáis al finalizar la práctica “que cansado es surfear”. 

El surf también nos hace disfrutar de la playa, espacio abierto en el que se pueden practicar muchas otras actividades de ocio o deportivas. Y suele realizarse en grupo propiciando una socialización y un cuidado de uno mismo y de los que realizan la práctica a nuestro alrededor. Siempre tenemos que estar pendientes de no hacernos daño y de no dañar a otras personas.

Si deseas conocer más detalles sobre cómo se llevó a cabo por parte de 35 alumnos de 4º ESO esta salida, mira el siguiente vídeo de 4 ́ de duración.

Vídeo da xornada de surf realizado por María Inmaculada Rodríguez

Noraboa ao grupo de 4º ESO C e ao equipo gañador do concurso «Emprender es soñar, ¿te apuntas?»

Hoxe 4 de xuño o grupo de Economía e Emprendemento, 4º ESO C, encamiñouse a Santiago para recoller o premio do concurso "Emprender es soñar ¿Te apuntas?", organizado pola Asociación Gallega de Empreesas familiares e ABanca, na categoría de ESO. O equipo formado por Batoul All Suleiman, Roque López, Salvia López, María Lorenzo y Viviana Torres fixo unha proposta de modelo de negocio baseado na economía circular, o aproveitamento das mondas de laranxa para elaborar cosméticos en envases reciclados.

O acto foi emocionante, de 29 equipos de toda Galicia había 3 finalistas na categoría da ESO e eles fixéronse co primeiro premio, en realidade os 5 equipos que compoñen a clase de 4º ESO C esmeráronse en preparar os seus proxectos e en presentalos nun cuidado vídeo, dedicando tempo e moita aprendizaxe. Foi unha mágoa non poder estar alí, grazas a Rafael e a María por suplirme e ler as miñas palabras de enorgullecemento como profesora vosa.

Noraboa e gran traballo a todos! 

Nota de prensa que sairá mañá con moitas fotos, Máis fotos

Os premiados

I ECOCONCURSO IES XOÁN MONTES

Hoxe celebrouse a entrega de premios do I ECOCONCURSO no IES Xoán Montes. O equipo gañador, o curso de 3ºA, recibiu un diploma valorado cunha excursión á praia a finais de curso. O grupo de 3ºA afrontou con moito desempeño os retos semanais, destacando especialmente no último, deseñando numerosos obxectos reutilizados para dar unha segunda vida aos recursos.

Ademais, o alumnado ECOACTIVISTA recibiu unha mochila e unhas palas de praia para desfrutar este verán como recoñecemento ao esfrozo realizado ao longo destas semanas dinamizando entre os compañeiros a actividade. 

Ao longo destes días realizamos moitas melloras nos nosos hábitos medioambientais. Agora temos o reto de continuar poñendo en práctica todo o aprendido para vivir nun planeta mellor.

eco1

Entrega de premios I ECOCONCURSO. Imaxes de Marcos Rodríguez

3º ESO “Surca el río Miño”

Este lunes 27 de mayo se llevó a cabo una actividad extraescolar de piragüismo programada desde el Departamento de EF para los alumnos de 3º ESO.

26 alumnos acompañados de las dos profesoras de EF realizamos andando el camino a la escuela de piragüismo y allí 3 monitores del Club Cidade de Lugo se encargaron de distribuir y organizar el material para la práctica en el agua. 

 

río

 

Surcando o río Miño. Imaxe de Mª Inmaculada Rodríguez.

 

 

La actividad transcurrió sin incidentes; a la llegada a la escuela de piragüismo el ambiente era fresco, pero en el transcurso de la mañana el sol fue ganando terreno y aquellos que se cayeron pronto al agua y tenían frío consiguieron entrar en calor jugando algo al salir de la embarcación. Todos atendieron las indicaciones de los monitores y tuvieron un comportamiento correcto. Ya de vuelta los chicos dijeron estar contentos por vivir esta experiencia y que valió la pena inscribirse en la misma. El siguiente vídeo de 5’ de duración muestra un poco en qué consistió la práctica de agua. 

Xornada de Orientación académica e profesional no IES Xoán Montes

Hoxe 29 de maio, foi o mércores que puidemos retomar as Xornadas de Orientación tras a excursión de fin de etapa de 4º da ESO. Este alumnado, xunto as súas titoras e a orientadora do centro achegámonos ao salón de actos do Uxío Novoneyra.

Carmen Peñalver, exalumna do centro, falounos da súa traxectoria e da súa situación actual. No instituto non destacaba moito en física, matemáticas ou química, pero empeñouse en sacar adiante, de maneira autodidáctica cando así o requería, o bacharelato e a selectividade, e resulta que por causas do destino, ao non entrar na súa primeira opción de estudos, está acabando o grado de Inxeñería Química Industrial con gran satisfacción.

Contounos como se estruturaba este grado, que consiste en resolver problemas cotiás e mellorar a vida da xent,e e que ten moitas posibilidades á hora de incorporarse ao mercado laboral.

Encantounos escoitar toda as súas experiencias e as súas conclusións, que poden axudar ao alumnado, que pasa por momentos como os que pasou ela. 

Transmitiunos que as derrotas son ventás que nos abren oportunidades e que con esforzo se consigue todo. Mostrounos ansia e ganas, que é o seu lema: Ganas, ganas e ganas!

Moitísimas grazas Carmen! 

 

 Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Exposición Dereitos Humanos

Presentamos a exposición realizada polo alumnado de 3ºA centrada na temática dos Dereitos Humanos. Esta iniciativa destaca o talento e a creatividade dos estudantes que exploraron e representaron diversos aspectos dos DDHH a través das súas obras de arte. 

A exposición inclúe debuxos, esculturas, puzzles, instalacións artísticas e o vídeo "En prol da humanidade" que ofrece unha visión máis profunda e persoal do traballo feito polo alumnado nesta temática. 

Noraboa polo magnífico traballo!

teatro

Remate do torneo Fútbol Sala 2023-2024

Vén de rematar a competición de fútbol sala do IES Xoán Montes. Organizouse nun torneo de 1ºESO e 2º ESO con seis equipos participantes, e un torneo con sete equipos de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBAC.

Podedes ver toda a información dos torneos aquí.

Noraboa aos dous equipos gañadores!

torneo

 

Torneo. Icona de Flaticon

CANCELADA Charla para as familias "Eficiencia enerxética climática"

CANCELADA A CHARLA "EFICIENCIA ENERXÉTICA DOMÉSTICA" DEBIDO AO BAIXO NÚMERO DE PERSOAS INSCRITAS. 

Distribuir contido


by Dr. Radut