Un aguerrido grupo de estudantes de 2º e 4º ESO, comandado polo incansable profesor de Tecnoloxía Gerardo, completou o Camiño de Santiago o pasado 14 de maio. Tamén participaron Marta Coria, profesora de Xeografía e Historia do centro, e Luis Camilo Fernández director do CPI de Meaño.
Foi todo un reto camiñar os 101 quilómetros que separan Lugo de Santiago polo Camiño Primitivo en dúas xornadas e media. Noraboa polo esforzo!
Velaquí algunhas imaxes da aventura:
Chegada á Praza do Obradoiro