Skip to Content

Camiño de Santiago dende Lugo

Un aguerrido grupo de estudantes de 2º e 4º ESO, comandado polo incansable profesor de Tecnoloxía Gerardo, completou o Camiño de Santiago o pasado 14 de maio. Tamén participaron Marta Coria, profesora de Xeografía e Historia do centro, e Luis Camilo Fernández director do CPI de Meaño.

Foi todo un reto camiñar os 101 quilómetros que separan Lugo de Santiago polo Camiño Primitivo en dúas xornadas e media. Noraboa polo esforzo!

Velaquí algunhas imaxes da aventura:

camino

Chegada á Praza do Obradoiro

Uso seguro de redes sociais

O pasado 10 de maio o alumnado de 3ºC recibiu, nunha sesión de titoría, información sobre o uso seguro de internet. O obradoiro foi solicitado dentro do programa educativo da Consellería denominado Iniciación segura á pegada dixital e as redes sociais. A sesión impartida por un especialista de Amtega foi moi interactiva e resolveu moitas dúbidas do alumnado.

clase 3ºC

Obradoiro uso seguro redes sociais. Marta Coria. CC BY-SA

Visita ao Museo Provincial de Lugo

O alumnado de 1º BAC de Historia do Mundo Contemporáneo visitou no mes de maio o Museo Provincial de Lugo. 

A sala do tesouro, cos torques e arracadas, foi a que máis lles sorprendeu. Tamén desfrutaron de distintos obxectos decimonónicos realizados en materiais exóticos: abanos, reloxos, útiles de fumar, etc.

Ademais, contemplamos obras de distintos autores destacados como Xulia Mingullón, Castelao, Maruja Mallo, Laxeiro ou Seoane. As esculturas de Francisco Asorey (Ofrenda a San Ramón e San Francisco) tamén chamaron a atención do alumnado.

MPL

Alumnado no Museo Provincial de Lugo. Marta Coria. CC BY-SA

Axudas para libros de texto e material escolar da Consellería de Educación

Convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar da Consellería de Educación.

Pódese presentar a solicitude na secretaría do instituto ou por vía telemática.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de xuño de 2023

Visita á planta de produción de Pull&Bear en Narón

O alumnado de 1º BAC de Economía tivo a ooportunidade de visitar a planta de producción de Pull&Bear que se atopa en Narón, próxima a Ferrol.

Coñecimos en primeira persoa todo o proceso de producción dende que se deseña unha prenda ata que se distribúe cara ás distintas tendas no mundo. Visitamos a planta de almacenaxe e de distrubución. Chamounos moito a atención a automatización deste espazo, con numerosos robots que distribúen os produtos en caixas nos silos, cintas mecánicas e foso por medio da lectura de códigos QR.   

Na segunda parte da visita explicáronnos todo o proceso de deseño das prendas e o estudo de mercado, así como os distintos equipos de produción (xefe/a, deseñadores, deseñadores gráficos e proveedores).

pull&bear

Visitamos a fábrica de Pull&Bear. Marta Coria. CC BY-SA


INFORMACIÓN ABAU

Aqui tedes información sobre a ABAU, tanto de xuño como da convocatoria de xullo

Encontro na biblioteca con Emma Pedreira

O pasado luns 17 de abril tivemos un encontro na Biblioteca

Emma Pedreira, filóloga, poeta e escritora, trouxo  “A maleta azul dos libros raros”. Dela saíron libros redondos, panos, barallas, casas, miniaturas… que nos abríron os ollos á posibilidade de contar historias nun sin fin de formatos. Ás veces, non son necesarias as palabras, só a capacidade de ler. Os obxectos poden relatarnos as lembranzas da familia, formas de vida (pensemos nese libro-casa tan marabilloso!) doutras culturas e tempos, épocas de represión, de liberdade, cartas-poesía, de amor… En definitiva, a demostración de que calquera peza, non só os libros, poden conlevar un relato, en moitas ocasións subxectivo. E todo isto metido dentro dunha maleta!

Moitas grazas, Emma.

 

Emma Pedreira

 

Alumnado con Emma Pedreira na biblioteca. Meri García.

VISITA AO VELLO CÁRCERE

Alumnado de 1ºBAC visitou o Vello Cárcere para documentarse sobre o edificio e a súa historia. Contamos cunha visita guiada na que se explicou a historia e singulariedade do edificio, así como situación dos presos. Coa información recollida o alumnado elaborou unhas presentacións para enviar ao alumnado da Scuola Media Pellico de Voltana (Emilia Romagna, Italia).

vello cárcere

Alumnado de 1ºBAC no Vello Cárcere. Marta Coria. CC BY-SA

VISITA XOGADORAS DO ENSINO LUGO C.B.

A semana pasada tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial! Dúas integrantes da plantilla do Ensino Lugo CB achegáronse ao IES Xoán Montes para compartir con nós a súa experiencia deportiva e transmitir hábitos de vida saudable.

Por unha banda, a base lucense Esther Castedo, contounos a súa experiencia como xogadora na selección española e o seu retorno a Lugodespois de catro anos na liga universitaria de Estados Unidos (a NCAA).

Por outra, Catarina Pollini, explicounos a súa traxectoria dende xogadora na súa cidade natal Vicenza, o seu paso pola selección italiana ata ao papel de manager na actualidade do equipo lucense Ensino.

Un pracer coñecer de preto a estes dous grandes exemplos do deporte.

Esther Castedo

Esther Castedo compartindo a súa experiencia deportiva. Marta Coria. CC BY-SA

Proceso de admisión alumnado curso 2023/2024

Poden consultar a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos  en 1º de bacharelato para o curso 23/24 no taboleiro de anuncios do centro.

Ás peticións para os restantes niveis están todas admitidas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut