Skip to Content

Premio aos mellores da súa simulación e quintos na final nacional de Young Business Talents

Tras quedar entre os 16 mellores equipos da comunidade galega e por tanto clasificarse para a final, o sábado 5 de abril en Madrid, o equipo JIMMYTHEBODYMILKER logrou quedar entre os 20 mellores equipos (dos 100 da final) e non so iso se non que se impuxeron como os quintos finalistas por beneficio acumulado no concurso-simulador Young Business Talents.

A experiencia foi enriquecedora, non so na final se non desde novembro que empezou o concurso. Puxeron en práctica os conceptos das clases de economía e aprenderon a tomar en equipo decisións e a establecer estratexias segundo os cambios no mercado. Ademais de conseguir dous premios e un diploma.

Parabéns aos componentes do equipo: Laura Castro Maira, Jaime Domínguez Martínez, Sara López Temes e Manuel Sánchez Arroyo. E tamén a todo o alumnado de 1º de Economía e de 2º de Economía da Empresa, pois todos participaron e chegaron á semifinal e proximamente recibirán o diploma de recoñecemento.

Se queredes ver un vídeo resumo da final podedes pinchar aquí.

Artigo de El Progreso.

 



story | by Dr. Radut