Skip to Content

GUÍA PARA A REALIZACIÓN DA MEMORIA DO INVENTO

1º POSIBILIDADES:

En produto: creamos un novo produto no que melloramos con éxito e de forma substancial o seu uso, a estética, a seguridade, o envase, a reciclaxe, etc.

En servicio: introducimos un novo servicio no que melloramos con éxito e de forma substancial o tempo de produción ou de espera do cliente, o lugar onde se realiza o servicio, etc.

En proceso: desenvolvemos e aplicamos conéxito un novo método de fabricación (na montaxe, na xestión dos residuos, nos controis de calidade, etc.); un novo método de loxística (almacenaxe, tempos de entrega aos lientes, etc.) ou un novo método na organización (na forma de dirixir aos equipos, novos sostemas de comunicación, etc.)

2º MEMORIA

1.TÍTULO:

Buscade un nome que sexa original, que faga referencia ao que presentades, non demasiado longo nin raro.

2.DESCRICIÓN:

Explicade ben de que material e que partes ten si é un produto, a súa forma, como funciona…

3.PÚBLICO A QUE VAI DIRIXIDO:

Pensade en quen pode utilizalo, as veces pode beneficiar a máis persoas ou a clientela poden ser diversas empresas porque pode ter distintas aplicacións.

4.UTILIDADE SOCIAL DA INNOVACIÓN:

Investigade en distintas fontes as posibles vantaxes que orixina, tanto económicas, de comodidade ou benestar, de aforro energético, de integración social, diminución de accidentes… Explicade ben os beneficios que reporta.

5. FORMA DE LEVALO A CABO:

Aquí tedes que explicar que fariades para poñer en marcha o proxecto. En principio poderíanse considerar dúas opcións: patentalo e negociar a concesión de licencia de explotación (aquí habería que explicar a que tipo de empresas acudirías ou si sería conveniente promocionar a súa existencia para que sexa esixido polo cliente e este presione á empresa para que o ofreza) ou fabricalo nós mesmos. Neste último caso deberiamos explicar como fariamos para obter financiación (acudir a organismos e informarnos de axudas e subvencións), tamén pode que teñamos que buscar asesoramiento tecnológico.

Considerando salvados os problemas económicos e tecnolóxicos teríamos que explicar que produto sería o que fariamos, máis sinxelo, con máis aplicacións…dependendo de a que segmento ou segmento do mercado nos dirixamos (xente de alto poder adquisitivo, mulleres, familias numerosas…)

Explicaremos, se o hai, como será o envase, colorido, diseño…

Hai que explicar tamén como fariamos a distribución: directa (en produtos costosos ou para empresas), en todas as tendas, so en algunhas, en que tipo de tendas …

A publicidade é moi importante para dar a coñocer o produto, será distinta según a clientela a que nos dirixamos.

RECORDADE:

O xurado avaliará os traballos presentados tendo en conta esta orde decrecente:

1.A orixinalidade da proposta.
2.A utilidade social da innovación.
3.A posibilidade de aplicación práctica.
4.O seu grao de desenvolvemento.



story | by Dr. Radut