Ante a gran cantidade de alumnas e alumnos que están a punto de concluir os seus traballos para mellorar a calidade do concurso, o Departamento de Inglés decide dar un prazo extra dunha semana para a presentación das vosas obras. As bases seguen a ser as mesmas, mais o prazo de presentación rematará o próximo venres 23 de abril, Día do libro.