As preguntas do exame aparecerán agrupadas en cinco bloques:
- Bloque 1: catro preguntas curtas das que o alumno deberá responder só a dúas (Valen 0,75 ptos)
- Bloque 2: catro preguntas curtas das que o alumno deberá responder só a dúas (Valen 0,75 ptos)
- Bloque 3:dúas preguntas longas das que o alumno deberá responder só a unha. (Valen2 ptos.)
- Bloque 4: dous problemas dos que o alumno deberá elixir só un ( valen2,5 ptos.)
- Bloque 5: dous problemas dos que o alumno deberá elixir só un ( valen2,5 ptos.) En definitiva, en total o alumno deberá responder a catro preguntas curtas, unha de desenvolvemento e dous problemas.
Criterios Xerais de Avaliación
Dada a estructura da proba, na corrección e puntuación dos exames teranse en conta os seguintes aspectos: Nas preguntas curtas (cun valor máximo de 0,75 ptos.) valorarase especialmente a precisión e concisión na resposta. Nos casos nos que se pida xustificar a resposta ou ilustrala cun exemplo, así como naqueles nos que se pida enumerar varios elementos, a puntuación poderá ser de 0,5 ou 0,75, dependendo de si a resposta está completa ou non. Na pregunta a desenvolver cunha puntuación máxima de 2 puntos, ademais de considerar a medida en que se axusta o contido da resposta ao que se pregunta, a valoración graduarase atendendo á claridade expositiva e á utilización axeitada dos conceptos fundamentais. Tamén se valorará positivamente a elaboración dun esquema-guión no que se resuma o contido da resposta. No relativo ás preguntas prácticas (problemas), na valoración de cada un dos apartados nos que se pida efectuar un cálculo, terase en conta non só o resultado puntual, senón tamén a corrección (coherencia) do plantexamento. Ademais, cada un dos apartados valorarase independentemente, de tal xeito que si está ben plantexado, a puntuación do apartado en cuestión non se verá influída negativamente por cálculos equivocados que foran realizados en apartados anteriores.
- TIPOLOXÍA DE PROBLEMAS(tipos de problemas nos que convén facer especial fincapé):
1. A produción: produtividade dun factor, produtividade total, taxa de variación da produtividade.2. Cálculo de custos de produción: fixos, variables, totais, medios, marxinais. Representacións gráficas.3. Punto morto: cálculo, interpretación, representación gráfica e decisión entre comprar ou fabricar.4. Xestión de stocks: custos das existencias, cálculo do volume óptimo de pedido (método de Wilson). Xestión de almacén: método do prezo medio ponderado, método FIFO.5. Balance: estruturación do balance en masas patrimoniais. Equilibrios patrimoniais. Análise económico e financeiro da empresa: cálculo e interpretación do Fondo de manobra, análise (cálculo e interpretación) a través de ratios (Proporcionaranse as fórmulas que permiten calcular as ratios). Cálculo e interpretación da rendibilidade económica e da rendibilidade financeira.6. Conta de Resultados. Clasificación de gastos e ingresos. Resultados de explotación, resultados financeiros, Resultados antes e despois de impostos.7.Selección de investimentos: Prazo de recuperación ou Pay back. Valor actual neto (VAN). A Taxa Interna de Rendibilidade (TIR) (o cálculo do TIR esixirase para un período de tempo non superior a dous anos).
Aclaracións adicionais:
Os temas de impostos e cuestións laborais únicamente serán obxecto de preguntas teóricas. En particular, o fundamental nestas esferas é a distinción e caracterización dos contratos de traballo e o coñecemento dos impostos que afectan á empresa e que grava cada un (non se precisa afondar na problemática da Base Impoñible).* Nota de Beatriz: Neste curso non aparece contemplada esta aclaración que si viña noutros.
Recomendacións e suxerencias para mellorar os resultados das probas
- Consideracións xerais de carácter formal: Convén recalcar a necesidade de coidar a presentación, a orde e claridade nas respostas así como a necesidade de empregar con propiedade o vocabulario propio da materia e de evitar os erros ortográficos.
- Preguntas curtas: Na medida en que as respostas a este tipo de preguntas suelen ser demasiado extensas, recoméndase realizar un esforzo de maior concreción e precisión.
- Pregunta de desenvolver: En aras a mellorar as calificacións obtidas polas respostas a esta pregunta, lémbrase a valoración positiva que se otorga á elaboración dun esquema-guión no que se resuma o contido da resposta.
- Problemas: En xeral, catro aspectos son manifestamente mellorables e polo tanto requiren maior atención:
a) Presentación clara e ordenada do exercicio
b) Comentario do apartado correspondente á interpretación dos resultados;
c) Corrección nos cálculos aritméticos.
d) Expresar os resultados nas unidades correspondentes.Neste senso, como norma xeral, nos criterios de cualificación das PAAU o Grupo de Traballo decidiu descontar o 25% da nota de cada apartado se hai erros de cálculo e outro 25% da nota de cada apartado se non se indican as unidades. Nota: O contido desta páxina ten carácter exclusivamente informativo, polo que non poderá utilizarse como base para ningún recurso.