O Día Mundial da Saúde 2009 centrarase na seguridade dos establecementos de saúde e a preparación do persoal sanitario que atende aos afectados por situacións de urxencia. Os centros de saúde e o persoal sanitario, de vital importancia para a poboación vulnerable en caso de desastre, son fundamentais para tratar lesións, previr enfermidades e atender as necesidades sanitarias da poboación.