Xa está en marcha a 3ª edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego
O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, presenta a terceira edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.
Un dos principais obxectivos de Lingua de Amor é dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros... O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión, perfectamente válida para a música. O galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, de facer amigos e...
por que non? Tamén para formar parellas!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Bases Lingua de Amor 09.pdf | 1.81 MB |