Skip to Content

15 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO CONSUMIDOR

 

O 15 de marzo de 1962, o presidente dos Estados Unidos nese momento, John F. Kennedy, anunciou os dereitos de todos os consumidores e invitou a convocar este día como Día Mundial do Consumidor.
Non foi ata o 15 de marzo de 1983, máis de vinte anos despois do discurso de Kennedy, cando se celebrou por primeira vez este día, que supón unha chamada de atención a todos os cidadáns, sobre a idea de que só un consumo responsable é bo, algo polo que traballan tanto as asociacións de consumidores como todos os organismos públicos de consumo. 
Foi o 9 de abril de 1985 cando a Asemblea Xeral de Nacións Unidas adoptou as Directrices de Nacións Unidas para a Protección dos Consumidores, quedando así os dereitos destes elevados a unha posición de recoñecemento e lexitimidade internacional.
Este ano 2009 conmemóranse 47 anos dende a primeira declaración dos dereitos dos consumidores, e vemos que estes experimentaron e viviron moitos cambios: un novo medio de consumo que é Internet; unha nova moeda, o euro, algunhas das crises alimentarias e sanitarias máis graves dos últimos anos...

Aínda seguimos a experimentar cambios e a intentar adaptarnos, pero quizáis o máis importante sería conseguir que as nosas accións contribuisen a crear unha sociedade máis xusta, máis solidaria e máis sostible.

¿CÓMO? Optando por un consumo responsable día a día. Intermon Oxfam xunto con Hispacoop edita e facilita a Guía para un consumo responsable. Podes descargala si pinchas no enlace na páxina de Intermon Oxfam AQUÍ.

No Día do Consumidor, as asociacións de todo o país recordan aos cidadáns que coñecer os seus dereitos é algo básico para no deixarse avasallar pola avalancha de intereses comerciais que lles rodean. Saber que se pode esixir é unha garantía

Outros enlaces de interese:

http://www.omco.org/

http://www.consumo-inc.es/GuiaCons/derecho/home.htm

Libros recomendados por S.O.L.

 



story | by Dr. Radut