A Academia de Suecia das Ciencias galardonou a Daron Acemoglu, Simon Johnson e James A. Robinson co premio Nobel de Economía, oficialmente coñecido como premio do Banco de Suecia en Ciencias Económicas en memoria de Alfred Nobel, polos seus estudos sobre "como se forman as institucións e como afectan á prosperidade". Este galardón, que coroa traballos, investigacións e descubrimentos destacados no ámbito económico concédese desde 1969.