Xa temos preparado todo para o entroido no IES Xoán Montes!
Este ano será un ENTROIDO DE CONTO, polo que a temática de disfraz do venres será personaxes de conto ou de ficción. Aquí tes algúns exemplos para inspirarte: Heidi, Pipi Calzaslargas, Pinocho, Hansel e Gretel, Peter Pan, Capitán Garfo, Sherlock Holmes, Robin Hood, O Principiño, Alicia, Harry Potter, Raiña de Corazóns, etc.
Estarán terminantemente prohibidos os complementos violentos ou perigosos (espadas, pistolas, etc), así como calquera disfraz que sexa discriminatorio, sexista ou groseiro.
Iremos arrancando motores ao longo da semana coa nosa versión do tracional Meco. Nesta ocasión, Copora manda! Para os que non o saibades, Copora é a castrexa protagonista do graffiti de Yoe33 que vén de gañar o título do terceiro mellor mural do mundo de 2023 e que está pretiño do noso instituto.
Cada día Copora mandará algunha cousiña que traer ao longo da semana. Para saber o que toca, segue as instrucións de cada día. (Non son acumulativos, trae soamente o que corresponde a cada día).
O venres, será o día máis festivo. Nas dúas últimas horas haberá un torneo de brilé e faremos un "percorrido doce" polos distintos lugares de procedencia do alumnado do centro. Non dubides en traer o teu postre típico!
Cartaz de Entroido. Inés Iglesias. CC BY-SA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Copora manda.pdf | 5.51 MB |