Skip to Content

Contacontos do alumnado de Oratorio nos CEIP Quiroga Ballesteros, Anexa e Rosalía de Castro

O alumnado de 3° e 4° de ESO de Oratoria trasladouse os días 12 e 15 deste mes de decembro ata os CEIPs de Quiroga Ballesteros, Anexa e Rosalia de Castro, para participar nunha actividade de contacontos nas aulas de Infantil.

A valoración dos resultados foi moi positiva, xa que puideron poñer en práctica todas as cuestións estudadas en clase referidas  á actio cun público tan amable e receptivo. Desta volta, léronse textos como A que sabe a lúa, Corre, Corre cabaciña ou Cocorico, todos eles moi apreciados nesas idades. Por outra banda, o profesorado implicado quere aproveitar para darlle os parabéns ao alumnado de Oratoria polo seu bo facer na actividade, así como aos centros que lles permitiron levar a cabo a experiencia, xa que en todo momento facilitaron a súa óptima consecución.

Oratoria nos colexios. Fotografías de Silvia Carballido

 

 

 

 

 

 

oratoria 2

oratoria 4

oratoria 1

 



page | by Dr. Radut