O pasado martes, 28/11/23, os alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato do noso centro desfrutaron dunha charla temática sobre linguaxes de programación e robótica impartida polo profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo D. Efrén Arias Jordán.
Esta charla está enmarcada dentro do Programa A Ponte da USC, no cal o profesorado da USC imparte charlas sobre contidos do seu ámbito docente e/ou investigador, dirixidas a alumnado de Bacharelato e Ciclos formativos.
Linguaxes de programación e robótica. Fotografía de Julián Rodríguez
Alumnado en Linguaxes de programación e robótica. Fotografía de Julián Rodríguez