Contamos coa oportunidade de ter dende o 14 de decembro ao 9 de xaneiro no IES Xoán Montes a exposición itinerante SEN CANCELAS. MEMORIAS DO ARCO DA VELLA EN GALICIA, organizada polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Emprego e Igualdade. Trátase dunha exposición itinerante que fai un percorrido histórico e conceptual sobre a diversidade sexual e de xénero para visibilizar a súa realidade e a súa loita pola igualdade de dereitos, esencial para construir unha sociedade libre e plena.
Dende o Equipo de Acollida queremos traballar en prol da inclusión de toda a diversidade e creemos que, como sociedade plural que somos e para sentirnos completos, é beneficioso plantar sementes de respecto e tolerancia na nosa comunidade educativa.
Portada da exposición. Senén Olano.
Podes consultar máis fotografías da exposición premento aquí.