Skip to Content

Orientación

Biodiversidade e conservación.

 

Dentro do proxecto “O Xermán pensa en verde” que se ven desenvolvendo no noso centro desde o inicio deste curso académico, o luns 14 de xaneiro de 2019 desenvolverase unha charla que leva por tíulo “Biodiversidade e conservación”, impartida por María Teresa Rodríguez López, profesora do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo. A actividade terá lugar nas instalacións do centro de 16:20 a 17:10 horas, está destinada aos grupos de 3º e 4º de ESO, 1º de ciclo básico de Electricidade e electrónica e 1º de Bacharelato, e ten como finalidade a explicación do concepto de biodiversidade, a importancia da súa conservación e das cousas que podemos facer por ela .

 

 

Día internacional contra a violencia de xénero.

En relación ca conmemoración do 25 de novembro, no noso IES desenvólvese unha charla impartida polas responsables do CIM (Centro de información á muller) do concello de A Pobra de Trives, sobre sensibilización e concienciación do grave problema social que supón a violencia exercida contra as mulleres, facendo notar o considerable incremento dos casos nos últimos anos entre os nosos mozos, debido fundamentalmente ás relacións de control e dependencia que supoñen o primeiro paso na escalada da violencia de xénero.
Tamén se trata de tomar medidas de prevención co fin de evitar que teñan lugar calquera conduta violencia, así como determinar as actuacións precisas a seguir ante tales situacións e as súas posibles consecuencias. A actividade desenvolverase do seguinte xeito:

  • Luns, 26/11/2018 entre as 16:20 e as 18:00 horas con alumnado de 3º e 4º de ESO. 1º de Electricidade e electrónica de FP básica e 1º de bacharelato.
  • Martes, 27/11/2018 entre as 15:30 e as 17:10 horas co alumnado do ciclo medio de Instalacións eléctricas e automáticas e do ciclo superior de Sistemas electrotécnicos e automatizados.

Programa Agora Ti

Por iniciativa do Instituto da Muller, a Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao Programa AGORA TI, cuxas características xerais expóñense nas Bases da Convocatoria, que se atopan na dirección: http://www.fundacionsepi.es/becas/stem-fsepi.asp

O Programa está destinado a mulleres novas, estudantes ou tituladas universitarias, así como a tituladas de grao superior de formación profesional do ámbito das disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). As bolsas terán unha duración inicial de seis meses, prorrogables por outros seis meses. Están dotadas dunha asignación económica de 1.100 € para as tituladas universitarias, 1.000 € para estudantes universitarias a falta dun máximo de 30 créditos e 950 € para técnicas superiores de FP. Inclúe tamén un programa de formación de habilidades xerais de desenvolvemento profesional e persoal de 110 horas de duración.

Pases interrail gratis.

A Unión Europea vai regalar 15.000 pases de  INTERRAIL GRATIS. As condicións son estas:

  • Ter 18 anos (data de referencia 1 de Xullo.
  • Ter a nacionalidade dalgún  delos 28 membros da UE.
  • Pódese aplicar individualmente ou en grupos ata 5.
  • Solicitude  Online do 12 ao 26 de Xuño 2018.
  • Os Gañadores do  Interail gratis serán notificados por correo en xullo.
  • A viaxe debe ser entre xullo e setembro 2018.
  • Duración de entre 1 e 30 días.
  • A web oficial para inscribirse é esta:http://www.youdiscover.

Xornadas de formación para as familias.

 Dende o CEIP Manuel Bermúdez Couso e o IES Xermán Ancochea Quevedo, estamos pensando na iniciativa de poñer en marcha unha escola de nais e pais. As escolas de pais e nais funcionan como un lugar de encontro, de intercambio e de posta en común de distintas experiencias, co fin de mellorar os aspectos que condicionan o desenvolvemento do alumnado.

Entre algún dos obxectivos destas escolas de pais e nais atópanse: contribuír a establecer unha vía de comunicación e conexión entre a escola e a familia, ou servir de vía de revisión e aprendizaxe para as familias nos temas relacionados coa educación dos fillos e fillas.

Para poñer en marcha esta iniciativa, no curso actual pretendemos organizar unhas xornadas de formación para as familias sobre contidos que consideramos importantes no panorama educativo actual. Por este motivo, convocámosvos a unha primeira actividade que terá lugar o luns, 7 de maio de 2018, ás 16:00 horas no salón de actos do IES Xermán Ancochea Quevedo, cunha charla sobre a prevención dos riscos derivados do consumo de drogas e alcol por parte dos menores.

En datas próximas, está previsto darlle continuidade a estas xornadas con outras dúas actividades:

  • Charla sobre coeducación e o fomento da igualdade de dereitos e deberes entre mulleres e homes no contexto familiar.

  • Obradoiro sobre actividades de lecer en familia.

Asimesmo, na proposta de próximos contidos a tratar tamén teremos en conta todos aqueles temas relacionados co ámbito educativo e familiar que demanden as persoas asistentes.

"Prepárate para ter éxito na universidade: técnicas e estratexias para obter o mellor rendemento académico".

Curso online dirixido a estudantes de bacharelato e universitarios interesados en obter bos resultados na universidade.
 
Duración: 75 horas que poden realizarse de maneira relaxada e flexible desde o 1 xullo ata o 15 de outubro de 2018.
 
Prezo: matrícula ordinaria 350 €. Desconto do 48 % para menores de 20 anos e alumnos da UNED: 180 €.
 
MATRICULA ONLINE na web da Fundación UNED.
 
O curso ten recoñecidos 2 créditos ECTS.
 

Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados.

 Obxecto: Axudas para a participación nas actividades programadas no programa "Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados" de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalaxara) durante o verán de 2018.

 Benficiarios: alumnado de centros docentes españois que cursen 3º e 4º de Ensino Secundario Obrigatorio e Formación Profesional Básica, Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinos Artísticos e Bacharelato e de Seccións españolas en centros doutros países membros da Unión Europea.

 En calquera caso, a idade máxima de participación da convocatoria será de 18 anos cumpridos en 2018.

 Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será desde o 25 de marzo ata o 23 de abril de 2018.

 Documentación:

  • Impreso oficial da solicitude obtido a través do enchemento da solicitude na sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (https://sede.educacion.gob.es) debidamente asinado polo solicitante e no caso do alumnado menore de idade, co visto e prace do pai, nai ou titor.

  • Certificación académica coas cualificacións obtidas no curso 2016-2017.

  • Certificación dos estudos nos que o alumnado está matriculado no curso 2017-2018 expedido polo secretario do centro de estudos ou xefe de secretaría.

 En casos excepcionais, e só cando iso proceda en razón dalgunha característica persoal, social ou familiar relevante, informe do titor ou profesor do alumno co visto e prace do Departamento de Orientación do centro, sobre as circunstancias persoais que aconsellen a súa participación no Programa, de acordo co Anexo II.

 No seu caso, fotocopia do carné de MUFACE.

Máis información.

Convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018.

A través desta convocatoria, a Consellería de Cultura educación e Ordenación Universitaria, regula o procedemento para realizar os exames encamiñados á obtención tanto dos carnés como de calquera outra habilitación profesional necesaria no ámbito da seguridade industrial.

+información.

Campaña Dez formas de violencia de xénero dixital.

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, PantallasAmigas e Twitter uníronse para concienciar e erradicar unha das formas de violencia de xénero máis común entre adolescentes, a violencia de xénero dixital que se dá a través do control e o abuso nas redes e Internet.

Máis información

Información titorías. Curso 2016/2017

Reunión inicial cas familias:

Programación prevista da titoría co alumnado (ESO e FP BÁSICA):

Horario de titorías do profesorado do grupo.

Medidas de atención á diversidade curso 2016/2017.

Criterios de promoción e titulación nas diferentes etapas educativas:

Distribuir contido


by Dr. Radut