Skip to Content

Orientación

Programa de inmersión lingüística en colonias de vacacións para o verán de 2019.

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, 250 bolsas para alumnos de 1º de ESO e 250 bolsas para alumnos de 2º de ESO para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional durante os meses de xullo e agosto de 2019.

BENEFICIARIOS:

  1. Para alumnado de 1º ESO:

  • Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2018/2019.

  • Obter, como mínimo, “notable” (7) como nota media das seguintes materias: Lingua Castelá e Literatura, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais e Inglés no curso 2017/18.

  • Obter, como mínimo, “notable” (7) como nota de Inglés no curso 2017-2018.

  • Os alumnos cualificados con necesidade específica de apoio educativo, poderán optar cunha nota mínima de “aprobado”(5) tanto na nota media das cinco materias anteriormente citadas como na de Inglés no curso 2017/18.

  • Non ser beneficiario da bolsa en convocatorias anteriores.

  1. Para alumnado de 2º ESO:

  • Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2018/2019.

  • Obter, como mínimo, “notable” (7) como nota media das seguintes materias: Lingua Castelá e Literatura, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia e Inglés no curso 2017/18.

  • Obter, como mínimo, “notable” (7) como nota de Inglés no curso 2017-2018.

  • Os alumnos cualificados con necesidade específica de apoio educativo, poderán optar cunha nota mínima de “aprobado”(5) tanto na nota media das cinco materias anteriormente citadas como na de Inglés no curso 2017/18.

  • Non ser beneficiario da bolsa en convocatorias anteriores.

SOLICITUDES: A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario que estará dispoñible na sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 27 de abril ao 22 de maio de 2019.

CONTÍA DA AXUDA: A contía das bolsas aboarase directamente ás empresas que resulten adxudicatarias. Para completar o precio total do programa, o alumnado abonará 30euros (si pertencen ao grupo I), 60 euros (si pertencen ao grupo II) ou 190 euros (si pertencen ao grupo III). Correrá a cargo das familias dos participantes o traslado, tanto de ida como de regreso, entre o domicilio e o lugar no que se desenvolva a colonia.

Máis información.

Oferta de prazas xuvenís. Programa campaña de verán 2019.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2019. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web www.xuventude.xunta.es

A participación na oferta da Campaña de verán 2019 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).

As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/da mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 7 de maio de 2019.

Máis información.

 

Universidade de A Coruña.

Información de interese para o alumnado de 2º de Bacharelato.

- O vindeiro xoves 11 de abril, ás 18:00h, celebrarase unha sesión informativa sobre as novas titulacións de Grao que se impartirán na UDC o vindeiro curso 2019-2020:

Grao Dual de Enxeñaría Eléctrica.

Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos.

Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación.

Grao en creación dixital, Animación en Videoxogos.

A sesión celebrarase no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos - Campus de Elviña - A Coruña.

- Está aberto o prazo para a presentación da acreditación de coñecemento de idioma inglés, para a admisión aoGrao en Xestión Industrial da Moda; requisito imprescindible previo ás ABAU, para a admisión neste Grao por ser Bilingüe.

O prazo será do 08.04.2019 ao 23.06.2019 e pode obter máis información nas seguintes ligazóns:

https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2019/002900

http://gradoindustrialmoda.udc.gal/

Campus de profundización científica para estudantes de ESO en Soria.

Convócanse 80 bolsas en réxime de concurrencia competitiva para participar no Programa “Campus de Profundización Científica para estudantes de ESO” en Soria, durante o mes de xullo de 2019, dirixidas ao alumnado que se atope cursando no ano académico 2018/2019, de ESO en centros docentes españois sostidos con fondos públicos. O obxecto deste Campus é favorecer o desenvolvemento do interese científico por parte dos estudantes, potenciar as súas capacidades demostradas no ámbito das ciencias, así como fomentar o esforzo individual e a motivación do alumnado, á vez que se integra nun ámbito no que prima a convivencia e o intercambio de experiencias culturais e educativas entre estudantes procedentes das distintas Comunidades Autónomas.

O Campus desenvolverase en dúas quendas de 40 alumnos/as que terán lugar nas seguintes datas:

  • Primeira quenda: do 3 ao 11 de xullo de 2019.

  • Segunda quenda: do 15 ao 23 de xullo de 2019.

REQUISITOS:

  1. Alumnado que no curso escolar 2018/2019 esté cursando ensinanzas de de ESO en centros educativos españois sostidos con fondos públicos.

  2. Obter unha nota media no curso escolar 2017/2018 superior ou igual a 9 puntos.

  3. Que durante o curso 2018/2019 estén cursando as seguintes asignaturas: Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.

SOLICITUDES: Os estudantes solicitantes, que reunindo os requisitos esixidos, desexen participar nesta convocatoria formalizarán a súa solicitude mediante o cumprimento da solicitude na páxina web do Ministerio de Educación e Formación Profesional. A solicitude debe realizarse en sede electrónica pola nai, pai ou titor do alumnado.

O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 25 de abril de 2019.

CONTÍA DA AXUDA: a bolsa cubre os gastos de matrícula no curso, materiais, actividades, aloxamento, asistencia de monitores e manutención do alumnado que contará, asimesmo, cun seguro que cubra as continxencias de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento do Campus. O traslado do alumnado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios será por conta do alumnado, sen que proceda o abono de bolsa algunha por este concepto.

Máis información.

Árbores senlleiras de Galicia.

 

Dentro do proxecto “O Xermán pensa en verde” que se ven realizando no noso centro desde o inicio deste curso académico, o martes 9 de abril de 2019 desenvolverase unha charla que leva por tíulo “Bosques galegos e conservación da biodiversidade” e “Árbores senlleiras de Galicia”, impartida por Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático do Departamento de Producción vexetal e proxectos de enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela), é tamén director da estación científica do Courel e coordinador de grupo de investigación Sistemas Silvopastorais. A actividade terá lugar nas instalacións do centro de 13:00 a 14:00 horas, está destinada aos grupos de 3º e 4º de ESO, 1º de ciclo básico de Electricidade e electrónica e 1º de Bacharelato, e consistirá nun paseo virtual con apoio de fotografías polos bosques e masas arboradas máis importantes en Galicia: carballeiras, faiais, bidueirais, cerqueirais, bosques mixtos, acevedos, teixedais, bosques de ribeira, sobreiral, aciñeirais, piñeirais, eucaliptais..., así como a definición e os criterios de catalogación das árbores senlleiras.

 

Becas Alumni UC3M

Programa de Bolsas Universitarias dirixidas a estudantes de 2º Bacharelato para estudar na “Universidade Carlos III de Madrid”.

Dirixidas a estudantes con bo expediente académico e escasos recursos económicos, esta axuda consta de 3.000€ por curso.

A data límite para entregar a solicitude e documentación, será o 10 de xuño de 2019.

Estas bolsas fináncianse coas achegas de antigos alumnos, persoal académico e administrativo da UC3M, entidades colaboradoras ou calquera persoa física interesada en colaborar con este programa.

Nota: existe a posibilidade de organizar sesións informativas por Skype a petición do centro para os estudantes interesados.

Máis información.

Concurso sobre consumo responsable e calidade de vida CONSUMÓPOLIS-14.

 A Resolución do 5 de marzo de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-14, Pola túa seguridade, sabes o que consomes? (código do procedemento IN114A)

O concurso consta de dúas partes:

A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es

A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.

Participantes.

  • Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.

  • Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.

  • Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.

  • Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.

  • Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria.

Premios.

Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación. Os traballos clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías de participación representarán a Comunidade Autónoma de Galicia na fase estatal, que terá lugar en Madrid.

Prazo de presentación.

O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 29 de abril de 2019.

Presentación das solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Máis información.

Campus científicos de verán 2019.

Convócanse ata 1560 axudas, en réxime de concorrencia competitiva para participar, no ano 2019, no Programa "Campus Científicos de Verán". Os Campus terán lugar do 30 de xuño ao 27 de xullo de 2019, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía. Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos ás 13 universidades que colaboran na organización do Programa.

Os requisitos para participar nestes campus son os seguintes:

  • Estar a cursar, no ano académico 2018-2019 ensinos de primeiro curso de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía", do sistema educativo español.

  • Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 2001.

  • Non ser adxudicatario/a de unha axuda, participando nun proxecto, en edicións anteriores do Programa Campus Científico de Verán.

  • Obter unha nota media igual ou superior a 8,5 puntos nos estudos cursados no ano escolar 2017-2018. En todo caso, estes estudos deberán cursarse en centros docentes que impartan o currículo académico do sistema educativo español.

A obtención da axuda comportará a cobertura dos gastos inherentes á participación no proxecto adxudicado, con excepción do traslado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios, que será por conta dos/ as adxudicatarios/ as das axudas. Serán por conta dos beneficiarios das axudas os gastos non derivados do desenvolvemento do Programa. Os/ as solicitantes que obteñan praza, deberán abonar a cantidade de 85 euros, en concepto de matriculación.

Os/ as interesados/ as deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección www.campuscientificos.es Nesta mesma web, poderase acceder aos modelos para cumprimentar a documentación adicional que deberá acompañar ao formulario para completar as solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes, incluíndo tanto o formulario como a documentación adicional indicada na convocatoria, finalizará ás 13,00 horas (hora peninsular) do día 1 de abril de 2019.

Máis información no departamento de orientación.

 

Becas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España.

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva, un máximo de 2.400 bolsas para a estancia e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2019.

BENEFICIARIOS:serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas:

Nacer entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 2002 e estar matriculado no curso 2018-2019 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:

  • Bacharelato.

  • Ensinos profesionais de música e danza.

  • Grao medio de Formación Profesional.

  • Grao medio de artes plásticas e deseño.

  • Grao medio de ensinos deportivos.

  • Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.

Obter no curso 2018-2019 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme á Resolución 6 de agosto de 2018, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2018-2019, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (BOE do 16 de agosto).

Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.

Estar situado nun lugar da orde de  prelación de solicitudes que lle permita a
obtención dunha das bolsas convocadas.

SOLICITUDES: os interesados deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es no apartado correspondente a "Trámites".

O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o día 10 de abril de 2019.

CONTÍA DA AXUDA: A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Con todo, para completar o prezo total do curso os alumnos abonarán necesariamente 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do concurso.
Non se concederá contía algunha en concepto de traslado do alumno desde o seu domicilio ao centro de destino nin desde este a o seu domicilio, sendo de conta do alumno devandito traslado.

Máis información.

Obradoiro de prevención do consumo de alcol.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través dos centros Quérote+, desenvolverá un obradoiro sobre a prevención do consumo de alcol co alumnado de 3º de ESO o luns, 21 de xaneiro de 2019, entre as 16:20 e as 18:00 horas. Abórdase esta temática específica xa que a poboación á que vai dirixido a actividade é altamente susceptible de iniciarse no consumo de alcol. A presión do grupo, as modas, os estereotipos e mesmo a sociedade en si poden ser factores predispostos a que cada fin de semana unha alta porcentaxe da mocidade invista o seu tempo de ocio en actividades que teñen que ver con este fenómeno. O obxectivo deste obradoiro é reflexionar sobre a abordaxe dos aspectos e factores que inflúen na xestión do lecer, tempo libre e toma de decisións dos rapaces e rapazas. Durante o desenvolvemento desta actividade, que será impartida por persoal do centro Quérote+, o alumnado estará nos espacios habituais do instituto e supervisado por persoal docente do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut