Proxecto Abalar

O noso centro foi un dos seleccionados para incorporarse á rede Abalar o curso 2012-13, polo que todo o alumnado de 1º ESO contará cun ordenador miniportátil para traballar na aula e irse introducindo aos poucos nas novas tecnoloxías.

Iniciado xa o curso, estamos á espera de que a Consellería de Educación envíe os miniportátiles e complete a instalación precisa para a súa utilización.

Abalar

Paréceme unha boa idea engadir tecnoloxías ao curso escolar. É unha nova saída para os novos traballos nestes anos de necesidade de traballo.

Abalar

A min parecéceme unha boa idea que os nenos de primeiro da ESO poidan ter ordenador nas clases e que aprendan a utilizar o ordenador correctamente.

Abalar

Noraboa. Levamos un ano esperando. Vai permitir aclarar  conceptos dunha forma máis atractiva. Para o alumnado de 1º ESO do curso entrante é unha boa nova. Atrás quedan tempos de compartir ordenador e non chegar a utilizalo por non ter tempo dispoñible para facelo.