O último día lectivo, xoves 21 de decembro, realizaremos as seguintes actividades:
11:45 h: Alumnado da ESO e de FPBásica distribuiranse en 3 espazos: pavillón, salón de actos ou patio para disfrutar dun torneo deportivo ou da proxección dunha película. O resto de grupos (Bacharelato, Ciclos Medio e Superior) terán clase con normalidade.
13:25 h: Festa de prefin de ano no pavillón para toda a comunidade educativa vestidos/as coas mellores galas.