Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

Visita ao Campus de Ourense

19/03/2024 08:45
19/03/2024 14:15

Visita do alumnado de 1º e 2º BAC para recibir información sobre os estudos impartidos pola Universidade de Vigo no Campus de Ourense en horaio por concretar.

Destinatarios/as: Alumnado de BAC
Lugar: Ourense
Colabora: Departamento de Orientación.

Viaxe a Italia 2024

19/03/2024 00:01
23/03/2024 23:59

Dende o 19 ao 23 de marzo de 2024 o alumnado de 4º da ESO, acompañado de 2 profesores/as, realizará a súa viaxe de fin de etapa a Roma.

Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Punto laranxa contra o acoso escolar

Dende a data de hoxe está activado o Punto Laranxa virtual na parte esquerda de esta páxina web para denunciar os casos de acoso.

Plan Proxecta 2023-2024

Publicada a resolución definitiva, na que recolle a concesión, ao IES Val do Asma dos seguintes Plan Proxecta 23/24:

Para máis información sobre o Plan Proxecta preme aquí.

Contratos-Programa Inclúe 23-24

A Consellería de Educación vén de conceder ao IES Val do Asma, todos os Contratos - Programa Inclúe (CPInclúe) solicitados, para desenvolver durante o curso 2023-2024, que son os seguintes:

01.QUÉDA-T (Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar).
02.IGUÁLA-T
03.CONVIVE-T
04.INCLÚE-T
05.EMOCIÓNA-T

Para máis información sobre os CPInclúe preme aquí.

Probas CELGA 2024

Convocadas as probas para a obtención do Certificado de lingua galega (CELGA). A inscrición realizarase a través do formulario normalizado PL500C entre o 14/03/2024 e o 05/04/2024, ambos inclusive. Para máis información accede á convocatoria e o Portal da lingua galega.

Protocolo ABAU 2024

Publicado pola CIUG o Protocolo para as ABAU 2024. Acceso ao documento.

Teatro "Le malade imaginaire"

11/03/2024 09:30
11/03/2024 14:15

O alumnado de lingua francesa asistirá á representación da famosa comedia de Molière, O doente imaxinario.

Destinatarios/as: Alumnado de francés de 2º, 3º e 4º ESO.
Lugar: Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
Organiza: Departamento de Francés.

Cartel 8M - Día Internacional da Muller

Cartel elaborado polo alumnado de Expresión Artística de 4º ESO no que tamén colaboraron alumnado de 1º BAC para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Xincana polo 8M - Cancelada!

08/03/2024 09:35
08/03/2024 12:15

Parcicipación nunha das actividades organizadas polo Concello de Chantada con motivo do Día da Muller.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º ESO
Lugar: Chantada
Colabora: Departamento de ACE (Actividades Complementarias e Extraescolares).

NOVIDADE: Por mor da previsión meteorolóxica o Concello de Chantada comunica o día 6 de marzo a cancelación desta actividade!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut