Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

Día non lectivo

16/05/2024

xoves 16 de maio de 2024 non haberá clase por ser un dos días non lectivos aprobados polo Consello Escolar, segundo se establece no calendario escolar.

Encontro co escritor Francisco Castro

13/05/2024 11:45
13/05/2024 12:35

Visita do escritor Francisco Castro. É escritor de máis de 20 obras literarias, traducidas a diversas linguas e merecentes de distintos premios e distincións. Entre outros é autor de Chamádeme Simbad, Iridium e O corazón da Branca de Neve.

Dirixido a: Alumnado 3º ESO, 3º PDC e 1º BAC.
Lugar: Salón de actos do IES.
Organiza: Departamento de Lingua Galega.

Proxecto Ríos - Saída polo Río Asma

10/05/2024 10:25
10/05/2024 12:35

Segunda saída polo Río Asma dentro do Proxecto Ríos.

Dirixido a: Alumnado de 1º CB Informática de oficina, 1º CB Mantemento de vehículose e 4º ESO Bioloxía.
Lugar: Chantada.
Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

9 de maio - Día de Europa

09/05/2024 10:25
09/05/2024 14:15

Realización de actividades interactivas sobre a Unión Europea para celebrar o 9 de Maio, Día de Europa. As actividades terán unha duración de 50 min para cada grupo participante.

Dirixido a: Todo o alumnado de ESO e dos CB.
Lugar: Aula de informática.
Organiza: Equipo Erasmus+.

Laboratorio de fotografía e identidade - 5ª sesión

06/05/2024 11:45
06/05/2024 12:35

Alumnado de 3º ESO e PDC terán unha nova sesión do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación. Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Obradoiro Latento - 3ª sesión

30/04/2024 12:35
30/04/2024 14:15

Obradoiro de motivación, metas, obxectivos e hábitos para o alumnado de 4º ESO. Traballarase a competencia emocional para activar a motivación e realizar un perfil vocacional do alumnado.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Premios extraordinarios de Bacharelato 2023/2024

Convocados os premios extraordinarios de Bacharelato. Requisitos:

  • Ter finalizado o bacharelato no curso 2023/24
  • Ter unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75

Prazo de presentación de solicitudes desde o día 29 de abril de 2023 ata o día 28 de maio de 2024.

Para máis información preme aquí.

Campus de verán Xuvenciencia

O Campus de Verán XuvenCiencia ofrece programa científico de día, actividades lúdicas de tarde e noite e o aloxamente para todo o seu alumnado matriculado. Pode participar o alumnado de 3º e 4º ESO e BAC así como ciclos medios de FP. Celebrarese dende o 30 de xuño ao 6 de xullo 2024, no Campus Universitario de Lugo. Prazo de matrícula dende o  3 de maio, 15:30h ata o 12  de maio, 23:59h. Para saber máis de Xuvenciencia preme aquí.

Probas acceso ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño 24-25

Convocadas as probas para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia 2024/25. O prazo abrangue desde o 23 de abril ata o 10 de xuño de 2024. Para máis información accede á convocatoria e se queres consultar toda a información relativa ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño preme na seguinte ligazón.

Bolsas alumnado con necesidades específicas de apoio educativo 24-25

Aberta a convocatoria para solicitar bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2024-2025. O prazo de solicitude é dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. Preme aquí para solicitala.

Distribuir contido


by Dr. Radut