Skip to Content

Taboleiro

NOVO PREMIO PLÁSTICA 4º ESO

Esta vez, con un traballo individual, o alumno de Educación plástica e visual 4º de ESO do IES Val do Asma, Carlos Vázquez González, resultou gañador na XV edición do "Concurso Escolar de Dibujos sobre Derechos Humanos" organizado a nivel nacional polo Defensor del Pueblo de España e a ONG Globalización de los Derechos Humanos. Para máis información preme aquí.

Este mesmo alumno, xunto cos compañeiros, recibiron outro premio por un traballo de plástica en equipo neste mesmo ano. Para ver a información sobre o premio recibido anteriormente preme aquí.

Deixámosvos un enlace ao debuxo gañador, preme aquí.

Noraboa a Carlos e a profesora de plástica, Lola López!!!

ABAU SETEMBRO 2018

12/09/2018 08:00
14/09/2018 21:00

Convocatoria Extraordinaria da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU). Para ver o calendario completo preme aquí.

ABAU XUÑO 2018

12/06/2018 08:00
14/06/2018 21:00

Convocatoria Ordinaria da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU). Para acceder ao calendario completo preme aquí.

PREVENCION DA DROGODEPENDENCIA (1ª PARTE)

26/04/2018 10:25
26/04/2018 14:15

Charla sobre a prevención da drogodependencia impartida por persoal da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.
Lugar: Nas aulas correspondentes.
Grupos: 1º ESO de 11:45 a 12:35
        2º ESO e PMAR de 13:25 a 14:15
        3º ESO e FPB de 10:25 a 11:15
Organiza: Departamento de Orientación.

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL-QUÉROTE+

26/04/2018 12:35
26/04/2018 14:15

Charla impartida dentro do proxecto QUÉROTE+

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º ESO
Organiza: Departamento de Orientación.

 

CONCERTO DIDÁCTICO - ABRAHAM CUPEIRO

20/04/2018 11:45
20/04/2018 13:25

Alumnado do IES Val do Asma disfrutará dun concerto didáctico-pedagóxico do músico Abraham Cupeiro no cal mostrará o seu traballo de recuperación de instrumentos musicais antigos. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Auditorio de Chantada.
Grupos: 2º ESO e 3º ESO.
Organiza: Departamento de Música.

CONCURSO QUEN SON EU?

Todo o alumnado do IES Val do Asma puido participar no Concurso Quen son eu?.
O concurso consistía en indicar de que muller se estaba a falar en cada unha das 22 preguntas propostas. Para poder resolver ditos interrogantes os participantes podían empregar as cartulinas elaboradas polo alumando de 3º ESO, e visibles na primeira pranta do edificio central do IES.

NATALIA MAZAIRA VÁZQUEZ, alumna de 3º ESO, foi a primeira en contestar correctamente a todas as preguntas e por iso o día 18 de abril fíxose a entrega do premio: o libro LAS CHICAS SON GUERRERAS: 26 REBELDES QUE CAMBIARON EL MUNDO.

Para ver imaxes preme na foto.

DATA - PROBA ACCESO CICLOS GRADO SUPERIOR 2018

19/04/2018 09:00
19/04/2018 18:30

Ás 9:00 horas: presentación.

Das 10:00 ás 13:30 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).

Das 16:00 ás 18:30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o Anexo VII da resolución).

PROBAS LIBRES FORMACIÓN PROFESIONAL 2018

Lugar de presentación de solicitudes: na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Prazo de solicitude de admisión:  17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13:00 h.

Para máis información preme aquí.

FROITA NA ESCOLA - 2ª SEMANA

16/04/2018 11:15
20/04/2018 11:45

Na quincena do 9 ao 20 de abril de 2018, distribuirase froita (plátano, mazá, laranxa, pera, clementina e amorodos) no recreo que estará dispoñible na entrada do edificio 1 para o alumnado da ESO, dentro do "Programa de Froita e Leite" xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

Distribuir contido


by Dr. Radut