CONCURSO QUEN SON EU?
Todo o alumnado do IES Val do Asma puido participar no Concurso Quen son eu?.
O concurso consistía en indicar de que muller se estaba a falar en cada unha das 22 preguntas propostas. Para poder resolver ditos interrogantes os participantes podían empregar as cartulinas elaboradas polo alumando de 3º ESO, e visibles na primeira pranta do edificio central do IES.
NATALIA MAZAIRA VÁZQUEZ, alumna de 3º ESO, foi a primeira en contestar correctamente a todas as preguntas e por iso o día 18 de abril fíxose a entrega do premio: o libro LAS CHICAS SON GUERRERAS: 26 REBELDES QUE CAMBIARON EL MUNDO.
Para ver imaxes preme na foto.