Skip to Content

Taboleiro

Visita á Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía

03/03/2022 09:00
03/03/2022 14:15

Alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de BAC visita a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía de Vigo na que realizará unha práctica de recoñecemento de minerais.

Grupos: 1º BAC (Bioloxía e Xeoloxía) e 2º BAC (Xeoloxía)

Lugar: Vigo

Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Día da nena e a muller na ciencia

09/03/2022 08:45
09/03/2022 10:25

Enncontro coa enxeñeira aeroespacial, Belén Ayude. Para ter máis información preme aquí.

Destinatarios/as: alumnado de 1º ESO (8:45h) e 2º ESO (9:35h)
Lugar: IES (aulas de referencia)
Organiza: Departamento de Orientación

Obradorio de recuperación emocional

03/03/2022 08:45
03/03/2022 09:35

Contidos da xestión emocional vinculados á situación de incertidume xerada pola pandemia ao alumnado do IES Val do Asma impartidos pola relatora Noelia Pastor Peño de EuForte Centro de Coaching y Desarrollo Personal. Para saber máis preme aquí.

Destinatarios/as: alumnado IES
Lugar: IES (aulas de referencia de cada grupo agás PMAR que será na aula de 3º de ESO, 2ºCM será na de 1ºCM e 2ºCS será na de 1ºCS).
Organiza: Departamento de Orientación

Horarios:
LUNS 7, 14, 21 e 28 de MARZO (10.25 h 3ºESO-PMAR, 11.45 h 1º e 2º de CM de Electromecánica de Vehículos e 15.55 h 1º ESO)
MARTES 15 e 22 de MARZO (8.45 h 1º BAC e 10.25 h 2º BAC)
XOVES 3, 10, 17 e 24 de MARZO (8.45 h 2º ESO)
VENRES 4, 11, 18 e 25 de MARZO (8.45 h  4º ESO e 10.25 h FPB Mantenimiento de Vehículos)
VENRES 4 e 18  de MARZO (9.35 h CS de Administración e Finanzas)

Premio Cartel 8M Día Internacional da Muller

O IES Val do Asma acada o 2º premio no concurso para o deseño do cartel da campaña da Xunta de Galicia do Día 8 de marzo 2022 "Día Internacional da Muller". Parabéns ao alumnado de Debuxo Artístico de 1º BAC e á súa profesora, Lola López. O cartel xa se pode ver na prensa como parte da campaña institucional.

 

01/03/22 Pais e alumnos do instituto Val do Asma: "Decidiron sen ternos en conta"

28/02/22 O BNG pregunta no Parlamento de Galicia sobre o futuro dos centros educativos de Cahnatada

O BNG rexistra a seguinte pregunta para ser respostada oralmente na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia.

Vacacións Entroido 2022

O período vacacional de Entroido abrangue dende o luns 28 de febreiro ata o mércores 2 de marzo de 2022, ámbolos dous incluídos.

Entroido 2022

Durante a semana do 21 ao 25 de febreiro de 2022 O IES Val do Asma celebrará o Entroido.

  • Luns 21: O meco di que temos que traer unha garabata ou pano no pescozo.
  • Martes 22: O meco di que temos que traer ademáis unha prenda do revés.
  • Mércores 23: O meco di que temos que pintarnos as uñas.
  • Xoves 24: O meco di que traiamos un sombreiro.
  • Venres 25: Concurso e baile de disfraces.

Para ver toda a información preme aquí.

Obradorio de Títeres en Igualdade (II)

24/02/2022 11:45
24/02/2022 13:25

A partir dunha peza de títeres, preséntase unha situación de  desigualdade e un conflito que se resolve  de xeito violento. O alumnado deberá reflexionar sobre as posibles solucións non violentas para dito conflito. Para ter máis información preme aquí.

Lugar: IES Val do Asma (Salón de actos ou aulas de referencia)
Grupos: 1º ESO (12:35h) e 2º ESO (11:45h)
Organiza: Departamento de Orientación

Concurso de Humanización do muro exterior do centro

O muro que separa o IES Val do Asma do exterior non nos gusta. Cremos que chegou o momento de darlle cor e vida así que –a través do equipo directivo do centro–, ponse en marcha un Concurso de humanización, que ten como principal obxectivo fomentar a creación artística entre a comunidade educativa. O concurso artístico está dirixido a todo a toda a comunidade educativa e consiste na proposta de ideas para o muro.

Prazo de presentación de propostas: xoves 31 de marzo de 2022.

Acceso ás bases do concurso.

Distribuir contido


by Dr. Radut