Skip to Content

Taboleiro

Debate na Deputación sobre o futuro do centro

Mañá martes 30 de marzo de 2022 as 9:30h debatirase na Deputación de Lugo a Proposta de Goberno en relación co futuro do IES Val do Asma.

Bolsas de estudos 2022-2023 BAC e FP

NOVO!!! O prazo amplíase ata o 16 de maio de 2022

Importante: este ano adiántase o prazo para solicitar bolsas do curso 2022/23!!!

O prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, abrangue dende o 30 de marzo ata o 12 de maio de 2022 (ampliado ao 16 de maio). Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

Para máis información acude ao Departamento de Orientación.

Mobilidades alumnado a Francia

Sete alumnas e alumnos do IES Val do Asma, acompañadas/os por dúas profesoras, desplázanse a Marsella (Francia), entre o 25/03/22 e o 31/03/22, a un encontro co alumnado do Lycée Professionnel Le Chatelier para continuar, por primeira vez presencialmente, co seu proxecto Erasmus+ "Alumnado europeo que descubre o mundo profesional"(2020-1-FR01-KA229-080491_2). Acceso ás imaxes.

Convocatoria premios extraordinarios de formación profesional de grao superior

Publicada a ORDE do 8 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21. Acceso á información.

Día da árbore

21/03/2022 12:35
21/03/2022 13:25

Para conmemorar o día da árbore o alumnado do IES acudirá a plantar árbores á beira do río nun acto organizado polo Concello de Chantada.

Grupos: 2º ESO
Lugar: Chantada
Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares)

18/03/22 Moción do PSOE de Chantada sobre os recortes educativos no IES Val do Asma

17/03/22 O IES Val do Asma recolle firmas para non quedar sen ESO nin bacharelato

Finanzas para mortais - 2ª sesión

18/03/2022 11:30
18/03/2022 13:00

Actividade formativa dentro do Plan Eduemprende - Finanzas para mortais no que participará o alumnado de economía e iniciativa emprendedora de ESO e BAC. Acceso á convocatoria

Lugar: IES Val do Asma 

Grupos: 4º ESO e 1º e 2º BAC

Organiza: Departamento de Economía

08/03/22 Entrega premios concurso escolar carteis Xunta de Galicia con motivo do Día internacional da muller

Na entrega de premios onde o traballo do alumnado do IES Val do Asma recibiu o segundo premio na 3º categoría dirixida a estudantes de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anima á mocidade a ser “embaixadora” da igualdade, na entrega de premios do concurso de carteis convocado para conmemorar o 8-M. Ler máis.

Exposición de fotografía Imaxina Palestina

23/03/2022 11:30
23/03/2022 12:35

Alumnado do IES Val do Asma acudirá á visitar a exposición de fotografía "Imaxina Palestina" de Moncho Iglesias Míguez. Acceso ao cartel.

Grupos: 3º ESO e PMAR
Lugar: Espazo Xove (Chantada)
Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares)

Distribuir contido


by Dr. Radut