ADMISIÓN FP DUAL 2018-2019
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar as instrucións da convocatoria de xuño de admisión a ciclos formativos de formación profesional DUAL 2018-2019.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As persoas interesadas presentarán unha única solicitude, que se entregará preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión. A solicitude irá dirixida á dirección do centro educativo.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
O prazo ordinario será do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13:00 horas.
Para máis información consultar aquí.