1º Bacharelato, Artes Plásticas, Bioloxía e Xeoloxía, Construción, Cursos de formación, Economía, Edificación e Obra Civil, Educación física, Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Filosofia, Física e química, Francés, Francés Bacharelato, Francés ESO, Grego, Inglés, Latín, Lingua e Literatura castelá, Língua e Literatura galega, Linguas clásicas, Linguas estranxeiras, Literaturas Hispánicas, Matemáticas, Música, Ofertas de traballo, Orientación, Relixión católica, Tecnoloxía, Topografía, Xeografía e Historia
PONTE NA REDE: EMPREGO
ROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS NAS CONVOCATORIAS DE MAIO E SETEMBRO DE 2013
ORDE do 21 de marzo de 2013 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013 e se procede
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.
Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, a Consellería de Traballo e Benestar inclúe entre os seus obxectivos o de favorecer a participación da xuventude en actividades deste tipo, e para iso convoca, unha vez máis, a Campaña de verán 2013.
A participación na oferta da Campaña de verán 2013 realizarase a través de inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
2. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16.00 e as 19.00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.
Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.
No suposto de abandono da actividade ou expulsión do/a participante, será responsabilidade dos pais/nais ou titores/as legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.
Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada actividade.
2. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2013, cómpre destacar o seguinte:
– Os/as nacidos/as no ano 1995 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
– Os/as nacidos/as no ano 2004 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
3. O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión da solicitude.
Presentación de solicitudes.
A presentación da solicitude poderá facerse, a elección do/a solicitante, por vía electrónica ou por vía escrita:
a) Vía electrónica:https://sede.xunta.es.
b) Vía escrita:Se a solicitude se presenta por correo, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que na oficina de Correos correspondente se faga constar o selo e a data antes de proceder ao seu envío postal.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013.
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013
http://www.edu.xunta.es/axudasle
Destinatarios:Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de:- 1º, 2º, 3º e 4º ESO.- 1º e 2º Bacharelato.
- Ciclos formativos de grao superior con módulo de lingua estranxeira.
Requisitos:
- Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
- Nota mínima na área, módulo ou materia de lingua estranxeira de Ben ou 6 no curso 2011/2012.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2011/2012.
- Ter DNI, NIE, pasaporte, visado ou tarxeta de residencia en vigor, segundo corresponda. Exento o alumnado menor de 14 anos.
Prazo aberto do 23 de marzo ata o 22 de abril (ambos incluídos)
Becas 2013 para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, en España, destinadas a estudantes becarios de Bacharela
Becas 2013 para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, en España, destinadas a estudantes becarios de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grado Medio e Idiomas.
Datos xenerais:
- Descrición:Os beneficiarios asistirán a un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés de unha semana de duración, en distintos puntos de España, convivindo e realizando actividades en réxime de internado con persoal angloparlante nativo de países de lingua inglesa.
- Destinatarios:Alumnos becarios, que cumpran os requisitos establecidos.
- Requisitos:
• Haber nacido entre o 1 de xaneiro de 1993 e o 31 de decembro de 1996
• Ter a condición de becario da convocatoria xeneral de becas do Mº de Educación, Cultura e Deporte conforme á Resolución de 2 de agosto de 2012 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se convocan becas e axudas ao estudo con carácter xeneral e de mobilidade, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios para o curso 2012/2013
• Estar matriculado no curso 2012/2013 no:
-
- Bacharelato
- Ensinanzas profesionais de música e danza
- Grao medio de Formación Profesional
- Grao medio de artes plásticas e deseño
- Grao medio de ensinanzas deportivas
- Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio o avanzado
• Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e haber obtido en dito curso unha nota final mínima de 7,00 puntos na materia de inglés.
• Terán preferencia os solicitantes que obtiveran unha puntuación superior.
- Dotación:A axuda cubre todos os gastos de ensinanza. Material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado deberá aboar á empresa 100 €.
- Prazo de presentación
- Desde: 20 de febreiro de 2013
- Ata: 14 de marzo de 2013
- ¿Cómo realizalo?:A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line.
Solicitude: Máis información sobre este trámite ou servizo::http://www.educacion.gob.es/consultas-informacion/Teléfono:91 327 76 81
- Documentación requirida:
Certificación do secretario do centro donde cursara os estudos , nos que figure que o solicitante cumpre os requisitos académicos. O modelo de certificación obtense ao presentar a solicitude. Neste documento consta o número de fax á que enviarase.
- Lugar de entrega:A solicitude se presentará polo procedemento telemático establecido a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación Cultura e Deporte.
Programa Xuventude Emprende
Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, puxemos en marcha este ano unha xornada formativa "Xuventude Emprende" dirixida a todos aqueles rapaces e rapazas que estean a cursar 1º e 2º de Bacharelato, ou ciclos medios formativos.
O programa Xuventude Emprende, terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo no Albergue Xuvenil de Gandarío (A Coruña). Son unhas xornadas formativas de balde nas que se inclúe o aloxamento e formación, durante os cales os/as mozos/as desenvolverán competencias emprendedoras como: o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación interpersoal e a xestión da diversidade, entre outras.
Tamén haberá espazo para as actividades lúdicas e de tempo libre. A inscrición neste programa está planificada para que sexan as propias persoas mozas que participan as que se inscriban dende a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado www.xuventude.net, no enlace:
http://xuventude.xunta.es/201302269864/xornadas-educativas-xuventudeempr....
CONOCATORIA 2013:PROBAS PARA OBTER O TÍTULO ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.
Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria
obrigatoria establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
4. Non estaren matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
Prazos de matrícula
- Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
LUGAR
Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, s/n.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria.
Realización das probas
1. As probas realizanse en sesións de mañá e tarde os días 31 de maio e 12 de setembro para as respectivas convocatorias.
A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.30 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das Materias de Matemáticas,Ciencias da Natureza e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.
Na segunda parte, de 12.30 horas ás 14.00 horas, realizarase a proba do ámbito social,que inclúe exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.45 horas, realizaranse as probas do ámbito da comunicación. Comprenderán os exercicios de:
a) Lingua Galega e Literatura.
a.1) Exercicio de redacción. O tribunal elixirá un tema de actualidade para llelo propor ás persoas aspirantes. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
a.2) Cuestións de lingua galega e literatura.
b) Lingua Castelá e Literatura.
b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua Galega e Literatura.
b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.
c) Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013.
O MERCADO LABORAL EN ALEMAÑA
O Centro de Desenvolvemento Local de Mos, realizará un curso os días 8 e 9 de febreiro de 2013, destinado ás personas que teñen interese no mercado laboral en Alemaña.Recoméndase levar C.V redactado en alemán.O prezo do curso é de 15 euros.Inscrición no teléfono: 986487786.Prazo de inscrición ata o 5 de febreiro de 2013.www.uned.es/ca-ourense.
translate.google.es/?hl=es (Tradutor google)
GRAO EN CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS GALICIA
Grao en conservacionrestauración de bens culturais
A escola superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia(ESCRBCG) éun centro oficial dependente da consellería de educación da Xunta de Galicia e imparte o único titulo oficial de grao en conservación e restauración de bens culturais na comunidade autónoma de Galicia.
Trátase dun título oficial de grao que capacita ó alumnado para conservar e restaurar o patrimonio cultural material,sexa na administración pública,en centros de investigación,en museos ou en empresas especializadas.
A escola pretende non sói mpartir unha ensinanza de calidade,senón abrir ó alumnado as portas do mercado profesional,mediante prácticas de traballo(en museos ou empresas)ó longo do mundo.
O grao consta de catro cursos(240ECTS)e organízase en dúas fases:
Módulo común, dous anos de formación xeral : conservación , fotografía , informática debuxo,bioloxía,química,historia,etc.
Módulo de especialidade, dous anos de formación específica ( conservación , análise tecnoloxía,historia)dos bens característicos de cada unha das especialidades da ESCRBCG(arqueoloxía,esculturaoupintura),.No último ano desenvólvense as prácticas en museos e empresas e otraballo de fin de grao.
O acceso é directo para técnico superior en artes plásticas e deseño, e mediante unha proba específica para os que cursaron 2º bacharelato.
Escola superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia
r/ Xeneral Martiteguis/n, 36002 Pontevedra
Tlf.986 861251
gradoconservacionbbcc.es
info@gradoconservacionbbcc.es
PROGRAMA XUVENIL EUROPEO: YOUTH IN ACTION Acción 1.1. People of the sea
Intercambio con 15+1 chipriotas con 15+1 galegos/as onde convivirán durante 8 días nas instalacións da Cidade Príncipe Felipe de Pontevedra.
O elemento común de ambos países é o mar, e dende ese punto de vista realizaremos as actividades. As principais actividades so a búsqueda e solución de desemprego, os problemas ambientais das rías e ríos "environment", a música (djembé), así como compartir experiencias e tradicións de cada país. Así deberán convivir tendo como lingua vehicular o inglés, xunto con 2 titores, un de Chipre e outro de Galicia.
-
Dimensión de aprendizaxe: a mocidade participante aprenderá sobre desemprego, reciclaxe e música.
-
Dimensión intercultural: a mocidade participante aprenderá de ambas culturas.
-
Dimensión europea: reflexionaremos sobre o concepto de cidadanía europea onde todas as persoas compartimos oportunidades e responsabilidades para facer que Europa sexa un lugar mejor
Datas: do 10 ao 18 de febreiro de 2013
Lugar: Cidade Príncipe Felipe
Destinatarios/as: mozos e mozas de 17 ata 30 anos.
Prazas: 15
Duración: 8 días.
Cota de Inscrición: 20 € (inclúe 8 días de aloxamento + pensión completa)
Pre-inscrición presencial ata o 25 de xaneiro.
Información e Inscricións: Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra. Casa Azul r/ Sor Lucia 2-3º. tel. 986 84 03 67 ou 652 809 080 xuventude@pontevedra.eu
-- Concellaría de Xuventude Concello de Pontevedra "Casa Azul", r/ Sor Lucía 2-3ºCP36002 Pontevedra tel.986 840367 / fax 986 848018 www.xuventude.pontevedra.eu facebook/xuventudepontevedra
OFERTA DE TRABALLO: DELINEANTE
Publicada: 08/01/2013
Localidade: A Coruña
Descrición: Interpretación de planos e modificación dos mesmos, realización de pedidos aos proveedores franceses e resolución de incidencias.
Requisitos: Imprescindible francés bilingüe e manexo de autocad 2D e 3D.Incorporación inmediata.
Contacto: http://www.construyendoempleo.com
Grao DIRECCION E XESTION PUBLICA
O Grao en Dirección e Xestión Pública que se imparte na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Pontevedra) da Universidade de Vigo., pertence ao ámbito xurídico-social e consta de 240 créditos ECTS a cursar en 4 anos. A partir dun enfoque multidisciplinar (ciencia política, dereito, economía, socioloxía), diríxese ao estudio da dirección e xestión das organizacións públicas e daquelas organizacións privadas cunha relación estreita coa Administración Pública. Configúrase, pois, como unha alternativa real e unha opción a valorar, de xeito especial, por aqueles alumnos que teñan o propósito de estudiar graos da rama xurídico-social (Dereito, Ciencia Política, Socioloxía, Economía...).
Saídas profesionais.- O/as graduados/as en Dirección e Xestión Pública poden atopar empregos no sector público Administracións Públicas estatais, autonómicas e locais-, ben de xeito directo (funcionario ou persoal laboral, previa superación das probas oportunas), ben de xeito indirecto como técnicos de servizos para estas administracións ou outras organizacións tales como mancomunidades, comarcas ou consorcios. No ámbito privado o/a graduado/a en Dirección e Xestión Pública pode acceder a postos de traballo en empresas (xestorías administrativas, asesorías e consultorías) en ONGs ou en fundacións.
http://webs.uvigo.es/victce/index.php?option=com_content&task=view&id=1522&Itemid=603
Información sobre as titulacións na Facultade de Humanidades
O alumnado interesado en desenvolver os seus estudos futuros no ámbito humanístico no campus lucense dispón de información actualizada relativa ás titulacións de grao e posgrao que no momento actual é posible cursar
― Título de Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
― Título de Grao en Lingua e Literatura Españolas
― Título de Posgrao en Servizos Culturais
FACULTADE DE HUMANIDADES
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CAMPUS DE LUGO
http://www.usc.es/gl/centros/humanidades/index.jsp
Titulacións de grao impartidas na Facultade de Economía e Empresa de Universidade da Coruña
Ofértanse tres grados
· Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)
· Grao en Ciencias Empresariais
· Grao en Economía
así como un programa de simultaneidade dos graos en Dereito e en ADE.
Poderedes obter información de cada unha destas opcións, na web do centro (http://www.economicas.udc.es).
CAMPUS DE LUGO.OFERTA EDUCATIVA
Os estudos universitarios que ofrece a Facultade de Ciencias do Campus de
Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) son os correspondentes aos
Graos e Máster que se relacionan a continuación e que podedes consultar
pinchando nos seus respectivos enlaces:
*
<http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/graoennutricionhumanaedietetica.html>
Grado en Nutrición Humana y Dietética. Titulación que capacita para ejercer
la profesión regulada de <http://agalegadn.es/> Dietista-Nutricionista.
* <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/graoenepqi.html> Grado en
Ingeniería de Procesos Químicos Industriales. Titulación que capacita para
ejercer la profesión regulada de
<http://www.cogiti.es/Paginas/Ficha.aspx?IdMenu=a2238bd0-3048-4d9d-ab8c-c91c
6fdfd475> Ingeniero Técnico Industrial.
* <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/masterunivprevrislab.html>
Máster en Prevención de Riesgos Laborales y Salud Medioambiental. Titulación
que capacita para ejercer como Técnico Especialista en Prevención de Riesgos
Laborales en sus tres especialidades.
* <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/masterunivenxind.html> Máster
en Ingeniería Industrial. Titulación que capacita para ejercer la profesión
regulada de <http://www.icoiig.es/el-ingeniero-industrial.htm> Ingeniero
Industrial.
EURES
O teu primeiro traballo Eures:
http://xuventude.xunta.es/201206047863/o-teu-primeiro-traballo-eures.html
Axudas para empresas da rede Eures:
http://xuventude.xunta.es/201212179289/subvencions-a-pequenas-e-medianas-empresas-para-facilitar-a-integracion-de-mozos-traballadores.html
PRESENTACIÓN NA BIBLIOTECA : SIDA
O día 3 de decembro (luns) no 2º recreo, na biblioteca, haberá unha presentación en power point sobre o SIDA, con música de Queen (Who Wants To Live Forever).
CULTURGAL.FEIRAS DAS INDUSTRIAS CULTURAIS.PAZO DA CULTURA.PONTEVEDRA
LUGAR: Pazo da Cultura de Pontevedra
Días: 30 de novembro, 1 e 2 de decembro 2012
Acceso gratuíto
Habrá música, literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo,maxia, novas tecnoloxías.Programas en direto da TVG e da RG,Redelibros que emitirá en streaming a programación literaria da feira.
Conta coa participación dun nutrido grupo de asociacións sectoriais que se instalarán na casa da cultura galega, a súa casa, e aproveitarán a oportunidade para achegarse ao público: Aaag (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Agpi (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración),Agpti (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación), Agpxc (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural), Afearte (Asociación de Festivais das Artes Escénicas), Asociación de Gaiteiros, Asociación Músicos Ao Vivo, Asociación Oral de Galicia, APCG (Asociación de Profesionais do Circo de Galicia), Cgendl (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística), Crea (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia), Ctnl (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua), Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Gatea,Danesga e Unima Galicia.
DELINEANTE
EMPRESA: Aplicanor
LOCALIDADE: A Coruña
DESCRICIÓN:Interpretación de planos e modificación dos mesmos.Trato directo cos provedores. Francés: realización de pedidos,resolución de incidencias.
REQUISITOS: Nivel alto de francés,manexo do programa AUTOCAD 2D e 3D.
CONDICIÓNS: Incorporación inmediata.
CONTACTO:www.construyendoempleo.com
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »