CONOCATORIA 2013:PROBAS PARA OBTER O TÍTULO ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria
obrigatoria establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).

4. Non estaren matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.

Prazos de matrícula

- Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

LUGAR

Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, s/n.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria.

 

Realización das probas
1. As probas realizanse en sesións de mañá e tarde os días 31 de maio e 12 de setembro para as respectivas convocatorias.

A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.30 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das Materias de Matemáticas,Ciencias da Natureza e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.
Na segunda parte, de 12.30 horas ás 14.00 horas, realizarase a proba do ámbito social,que inclúe exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.45 horas, realizaranse as probas do ámbito da comunicación. Comprenderán os exercicios de:
a) Lingua Galega e Literatura.
a.1) Exercicio de redacción. O tribunal elixirá un tema de actualidade para llelo propor ás persoas aspirantes. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
a.2) Cuestións de lingua galega e literatura.
b) Lingua Castelá e Literatura.
b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua Galega e Literatura.

b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.
c) Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).

DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013.