Orientación, Ofertas de traballo, Cursos de formación

GRAO EN CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS GALICIA

Grao en conservacionrestauración de bens culturais
A escola superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia(ESCRBCG) éun centro oficial dependente da consellería de educación da Xunta de Galicia e imparte o único titulo oficial de grao en conservación e restauración de bens culturais na comunidade autónoma de Galicia.
Trátase dun título oficial de grao que capacita ó alumnado para conservar e restaurar o patrimonio cultural material,sexa na administración pública,en centros de investigación,en museos ou en empresas especializadas.
A escola pretende non sói mpartir unha ensinanza de calidade,senón abrir ó alumnado as portas do mercado profesional,mediante prácticas de traballo(en museos ou empresas)ó longo do mundo.
O grao consta de catro cursos(240ECTS)e organízase en dúas fases:
Módulo común, dous anos de formación xeral : conservación , fotografía , informática debuxo,bioloxía,química,historia,etc.
Módulo de especialidade, dous anos de formación específica ( conservación , análise tecnoloxía,historia)dos bens característicos de cada unha das especialidades da ESCRBCG(arqueoloxía,esculturaoupintura),.No último ano desenvólvense as prácticas en museos e empresas e otraballo de fin de grao.
O acceso é directo para técnico superior en artes plásticas e deseño, e mediante unha proba específica para os que cursaron 2º bacharelato.

Escola superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia
r/ Xeneral Martiteguis/n, 36002 Pontevedra
Tlf.986 861251
gradoconservacionbbcc.es
info@gradoconservacionbbcc.es

PROGRAMA XUVENIL EUROPEO: YOUTH IN ACTION Acción 1.1. People of the sea


Intercambio con 15+1 chipriotas con 15+1 galegos/as onde convivirán durante 8 días nas instalacións da Cidade Príncipe Felipe de Pontevedra.

O elemento común de ambos países é o mar, e dende ese punto de vista realizaremos as actividades. As principais actividades so a búsqueda e solución de desemprego, os problemas ambientais das rías e ríos "environment", a música (djembé), así como compartir experiencias e tradicións de cada país. Así deberán convivir tendo como lingua vehicular o inglés, xunto con 2 titores, un de Chipre e outro de Galicia.

  • Dimensión de aprendizaxe: a mocidade participante aprenderá sobre desemprego, reciclaxe e música.

  • Dimensión intercultural: a mocidade participante aprenderá de ambas culturas.

  • Dimensión europea: reflexionaremos sobre o concepto de cidadanía europea onde todas as persoas compartimos oportunidades e responsabilidades para facer que Europa sexa un lugar mejor


Datas: do 10 ao 18 de febreiro de 2013

Lugar: Cidade Príncipe Felipe

Destinatarios/as: mozos e mozas de 17 ata 30 anos.

Prazas: 15

Duración: 8 días.

Cota de Inscrición: 20 € (inclúe 8 días de aloxamento + pensión completa)


Pre-inscrición presencial ata o 25 de xaneiro.

Información e Inscricións: Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra. Casa Azul r/ Sor Lucia 2-3º. tel. 986 84 03 67 ou 652 809 080 xuventude@pontevedra.eu

-- 
Concellaría de Xuventude
Concello de Pontevedra
"Casa Azul", r/ Sor Lucía 2-3ºCP36002 Pontevedra
tel.986 840367 / fax 986 848018
www.xuventude.pontevedra.eu
facebook/xuventudepontevedra

 

OFERTA DE TRABALLO: DELINEANTE

Publicada: 08/01/2013

Localidade: A Coruña

Descrición: Interpretación de planos e modificación dos mesmos, realización de pedidos aos proveedores franceses e resolución de incidencias.

Requisitos: Imprescindible francés bilingüe e manexo de autocad 2D e 3D.Incorporación inmediata.

Contacto: http://www.construyendoempleo.com

Grao DIRECCION E XESTION PUBLICA

 

 O Grao en Dirección e Xestión Pública que se imparte na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Pontevedra) da Universidade de Vigo., pertence ao ámbito xurídico-social e consta de 240 créditos ECTS a cursar en 4 anos. A partir dun enfoque multidisciplinar (ciencia política, dereito, economía, socioloxía), diríxese ao estudio da dirección e xestión das organizacións públicas e daquelas organizacións privadas cunha relación estreita coa Administración Pública. Configúrase, pois, como unha alternativa real e unha opción a valorar, de xeito especial, por aqueles alumnos que teñan o propósito de estudiar graos da rama xurídico-social (Dereito, Ciencia Política, Socioloxía, Economía...).  

  

   Saídas profesionais.- O/as graduados/as en Dirección e Xestión Pública poden atopar empregos no sector público –Administracións Públicas estatais, autonómicas e locais-, ben de xeito directo (funcionario ou persoal laboral, previa superación das probas oportunas), ben de xeito indirecto como técnicos de servizos para estas administracións ou outras organizacións tales como mancomunidades, comarcas ou consorcios. No ámbito privado o/a graduado/a en Dirección e Xestión Pública pode acceder a postos de traballo en empresas (xestorías administrativas, asesorías e consultorías) en ONGs ou en fundacións.


http://webs.uvigo.es/victce/index.php?option=com_content&task=view&id=1522&Itemid=603


Información sobre as titulacións na Facultade de Humanidades

O alumnado interesado en desenvolver os seus estudos futuros no ámbito humanístico no campus lucense dispón de información actualizada relativa ás titulacións de grao e posgrao que no momento actual é posible cursar 

― Título de Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

― Título de Grao en Lingua e Literatura Españolas

― Título de Posgrao en Servizos Culturais

FACULTADE DE HUMANIDADES
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CAMPUS DE LUGO
http://www.usc.es/gl/centros/humanidades/index.jsp

Titulacións de grao impartidas na Facultade de Economía e Empresa de Universidade da Coruña

Ofértanse tres grados

· Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)

· Grao en Ciencias Empresariais

· Grao en Economía

así como un programa de simultaneidade dos graos en Dereito e en ADE.

Poderedes obter información de cada unha destas opcións, na web do centro (http://www.economicas.udc.es).

CAMPUS DE LUGO.OFERTA EDUCATIVA



Os estudos universitarios que ofrece a Facultade de Ciencias do Campus de
Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) son os correspondentes aos
Graos e Máster que se relacionan a continuación e que podedes consultar
pinchando nos seus   respectivos enlaces:

*
<http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/graoennutricionhumanaedietetica.html>
Grado en Nutrición Humana y Dietética. Titulación que capacita para ejercer
la profesión regulada de  <http://agalegadn.es/> Dietista-Nutricionista.

*       <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/graoenepqi.html> Grado en
Ingeniería de Procesos Químicos Industriales. Titulación que capacita para
ejercer la profesión regulada de
<http://www.cogiti.es/Paginas/Ficha.aspx?IdMenu=a2238bd0-3048-4d9d-ab8c-c91c
6fdfd475> Ingeniero Técnico Industrial.

*       <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/masterunivprevrislab.html>
Máster en Prevención de Riesgos Laborales y Salud Medioambiental. Titulación
que capacita para ejercer como Técnico Especialista en Prevención de Riesgos
Laborales  en sus tres especialidades.

*       <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/masterunivenxind.html> Máster
en Ingeniería Industrial. Titulación que capacita para ejercer la profesión
regulada de  <http://www.icoiig.es/el-ingeniero-industrial.htm> Ingeniero
Industrial.

PRESENTACIÓN NA BIBLIOTECA : SIDA

O día 3 de decembro (luns) no 2º recreo, na biblioteca, haberá unha presentación en power point sobre o SIDA, con música de Queen (Who Wants To Live Forever).

CULTURGAL.FEIRAS DAS INDUSTRIAS CULTURAIS.PAZO DA CULTURA.PONTEVEDRA

LUGAR: Pazo da Cultura de Pontevedra

Días: 30 de novembro, 1 e 2 de decembro 2012

Acceso gratuíto

Habrá música, literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo,maxia, novas tecnoloxías.Programas en direto da TVG e da RG,Redelibros que emitirá en streaming a programación literaria da feira.

Conta coa participación dun nutrido grupo de asociacións sectoriais que se instalarán na casa da cultura galega, a súa casa, e aproveitarán a oportunidade para achegarse ao público: Aaag (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Agpi (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración),Agpti (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación), Agpxc (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural), Afearte (Asociación de Festivais das Artes Escénicas), Asociación de Gaiteiros, Asociación Músicos Ao Vivo, Asociación Oral de Galicia, APCG (Asociación de Profesionais do Circo de Galicia), Cgendl (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística), Crea (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia), Ctnl (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua), Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Gatea,Danesga e Unima Galicia.

DELINEANTE

EMPRESA: Aplicanor

LOCALIDADE: A Coruña

DESCRICIÓN:Interpretación de planos e modificación dos mesmos.Trato directo cos provedores. Francés: realización de pedidos,resolución de incidencias.

REQUISITOS: Nivel alto de francés,manexo do programa AUTOCAD 2D e 3D.

CONDICIÓNS: Incorporación inmediata.

CONTACTO:www.construyendoempleo.com

PONTEemprego 2012

A Feira de emprego PONTEemprego, celebrarase os días 21 e 22 de novembro no Pazo de Congresos.Busca ser un punto de encontro e reflexión para a búsqueda de emprego e ou autoemprego.Está orientada aos demandantes de emprego e estudantes dos derradeiros cursos. A apertura da Feira dará comezo o día 21 de novembro de 2012 ás 10:00 horas no salón de actos.Desenvolveranse distintas charlas en horario de mañá e tarde, nos distintos espazos habilitados: Salón de actos,Auditorio+Ideas,Workshops.

Inscricións: Envía teus datos ao email inscricions@feiraemprego.es

DELINEANTE.CALCADOR/A DE PLANS

Empresa: Randstad ETT.

Localidade: Santiago de Compostela.

Descrición: Persoa para calcar planos.

Requisitos: Amplos coñecementos en AUTOCAD e dispoñibilidade para colaborar nun proxecto que ten que ser entregado o 30/11/2012.

Condicións: Contrato de aproximadamente 1 mes.

Contacto: 981568360 (Raquel Castañeda)

www.randstad.es

santiago_unidad_1@randstad.es

OFERTA DE EMPREGO:DELINEANTE INDUSTRIAL

Empresa: Eulen Flexiplan selecciona para empresa do sector do metal

Localidade: Porriño

Requisistos: FP de Delineación,Mecanizado ou Titulación equivalente.Nivel alto en autocad e solidworks.Imprescindible nivel alto falado e escrito en francés.

Enviar C.V a aares.flexiplan@eulen.com

DECRETOS CICLOS LOE: EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL.ANEXOS DE VALIDACIÓNS MÓDULOS LOGXE E LOE

 

 


LOE

 
Documento
DOG
CS Proxectos de edificación
CS Proxectos de obra civil

 

Borrador do Decreto 188/2011 Técnico superior en proxectos de edificación 

 

Decreto 173/2012  Técnico superior en proxectos de obra civil

Busca o anexo VI (derradeiras páxinas) e verás as validacións dos módulos LOGXE e LOE do Título

No enlace de www.edu.xunta.es/fp

Na parte superior debaixo do logo da Xunta , no apartado de curriculos podes acceder a unha nova páxina, na que na parte da esquerda atoparás

 Entra en familias profesionais y preme no logo 

 

 

 

VALIDACIÓNS NA ESO E BACHARELATO

 

 

Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación acadé-

mica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

 ANEXO I 

Validación da materia de música da educación secundaria  obrigatoria con determinadas materias das ensinanzas profesionais de música e de danza.

 Música de 1º a 3º ESO co 1º curso da materia de instrumento principal ou voz 

Música de 4º ESO co  2º curso da materia de instrumento principal ou voz 

Música de 1º a 3º ESO co 1º curso de música 

Música de 4º ESO co  2º curso de música

  ANEXO II 

Validación de diversas materias de bacharelato con  determinadas materias das ensinanzas profesionais de música

Análise musical I  con  2º curso de harmonía  

Análise musical II  con 1º curso de análise 

Historia da música e da danza con 1º e 2º cursos de historia da música 

Linguaxe e práctica musical con  3º curso de instrumento principal ou voz 

 ANEXO III 

 Validación de diversas materias de bacharelato con determinadas materias das ensinanzas profesionais de danza

Anatomía aplicada con 1º e 2º cursos de anatomía aplicada á danza 

 Historia da música e da danza con 1º e 2º cursos de historia da danza 

 Linguaxe e práctica musical con  3º curso de música

 ANEXO IV 

 Validación de diversas materias das ensinanzas profesionais de música con determinadas materias de bacharelato 

 1º curso de análise con  Análise musical II 

 1º e 2º cursos de historia da música con Historia da música e da danza 

1º curso de linguaxe musical con Linguaxe e práctica musical 

ANEXO V 

 Validación de diversas materias das ensinanzas profesionais de danza con determinadas materias de bacharelato

 1º e 2º cursos de anatomía aplicada á danza con Anatomía aplicada 

 1º e 2º cursos de historia da danza con Historia da música e da danza 

 1º, 2º e 3º cursos de música con Linguaxe e práctica musical 

ANEXO VI 

 Validación de diversas materias optativas da ESO con determinadas materias  das ensinanzas profesionais de música e danza

 Unha materia optativa dun curso da ESO coa Proba de acceso a calquera dos 

cursos de música ou danza .

 Optativa de 3º ou 4º cursos da ESO con Linguaxe musical dun curso das ensinanzas profesionais de música

 Optativa de 3º ou 4º cursos da ESO con Danza galega

ANEXO VII 

 Validación de diversas materias optativas do bacharelato con 

determinadas materias das ensinanzas profesionais de música 

 e danza ou coro 

 

Optativa de 1º de bacharelato co 1º curso de acondicionamento físico 

Optativa de 2º de bacharelato   co 2º curso de acondicionamento físico 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Validación de módulos profesionais

Sistema de validacións

Alumnos matriculados en ciclos LOE

- As validacións de módulos profesionais dos novos títulos derivados da Lei orgánica 2/2006 de educación (LOE) con módulos profesionais de títulos derivados da Lei orgánica 1/1990 de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE) recollidas no anexo IV da norma pola que se establece o título ou o currículo, e a partir de unidades de competencia acreditadas do catálogo nacional de cualificacións profesionais recollidas no anexo V da norma pola que se establece o título ou o currículo, resolveranse pola dirección do centro educativo, segundo o disposto no artigo 41 da Orde do 12 de xullo de 2011.

(Nota) Ver casos singulares

 - Validacións entre módulos profesionais de títulos LOXSE e de títulos LOE

- Todas as validacións que non aparezan nos casos anteriores enviaranse ao Ministerio de Educación, para a súa resolución.

Casos singulares

Módulo de formación e orientación laboral (FOL)

1.- As persoas que tivesen superado o módulo profesional de formación e orientación laboral en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validado o devandito módulo en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

2.- O módulo profesional de formación e orientación laboral de calquera título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, poderá ser obxecto de validación sempre que se acredite ter superado o módulo profesional de formación e orientación laboral establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e se acredite a formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva de acordo co disposto na normativa vixente (Real decreto 39/1997).

Módulo de empresa e iniciativa emprendedora (EIE)

1.- As persoas que tivesen superado o módulo profesional de empresa e iniciativa emprendedora en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validado o devandito módulo en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

2.- Polo anterior, o módulo de empresa e iniciativa emprendedora que resulte validable con algún módulo pertencente a algún título establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, poderá ser validable en calquera dos títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.

Módulos co mesmo código

1.- A cualificación obtida nun módulo profesional superado, pertencente a calquera dos títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, trasladarase a calquera dos ciclos formativos en que este estea incluído co mesmo código. Nestes casos non será unha validación.

2.- Polo anterior, os módulos co mesmo código, pertencentes a diferentes títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, que resultasen validables con algún módulo pertencente a algún título establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, poderán ser validables en calquera dos títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.

 

 

Enderezo do Ministerio de Educación

Subdirección General de Orientación y Formación Profesional
Servicio de convalidaciones de Formación Profesional
C/ Los Madrazo, 15-17
28071-Madrid


Procedemento de validacións

Requisitos:

Deberá estar matriculado nun centro docente autorizado e presentar a solicitude de validación perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros 20 días de inicio das clases. No caso de centros privados, a dirección deste dará traslado das solicitudes ao centro público ao que estea adscrito, no prazo de cinco días hábiles.

Documentación necesaria:

A solicitude formalizarase no modelo de instancia establecida para tal efecto no anexo XIV da Orde do 12 de xullo de 2011. Acompañarase de:

  • Fotocopia compulsada do DNI.
  • Certificación académica oficial dos estudos cursados, segundo o anexo X da Orde do 12 de xullo de 2011 ou de certificado de profesionalidade ou da acreditación parcial a que se refire esta orde.
  • O alumnado que teña estudos universitarios deberá achegar os programas daquelas materias cursadas que podan ser validables polos módulos profesionais.

 

Formularios de solicitude de validación de módulos profesionais

Validacións para os técnicos superiores de FP que accedan a estudos universitarios

www.edu.xunta.es/fp/fp-universidade

Catálogo de validacións para os técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios. Este catálogo está vixente desde o curso 2011-2012 e mentres non se modifique.

 A publicación estrutúrase en dúas partes:

 Na primeira exponse o procedemento de acceso e a admisión das persoas tituladas en formación profesional de grao superior aos novos estudos universitarios oficiais de grao. 

  • Na segunda, que constitúe o catálogo de recoñecemento de créditos, relaciónanse para cada universidade as táboas de créditos recoñecidos e, de ser o caso, as materias validadas para as persoas tituladas en formación profesional de grao superior que desexen cursar –ou estean a facelo– ben estudos universitarios oficias de grao ou ben estudos universitarios correspondentes á anterior ordenación universitaria. 

 

- Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios

 

Nota: A cualificación das materias obxecto de recoñecemento será a nota media obtida polo alumno ou alumna no ciclo formativo, agás as de libre configuración nas que a cualificación será a de apto.

 

 

 

Documentación relacionada
Distribuir contido