Validacións para os técnicos superiores de FP que accedan a estudos universitarios

www.edu.xunta.es/fp/fp-universidade

Catálogo de validacións para os técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios. Este catálogo está vixente desde o curso 2011-2012 e mentres non se modifique.

 A publicación estrutúrase en dúas partes:

 Na primeira exponse o procedemento de acceso e a admisión das persoas tituladas en formación profesional de grao superior aos novos estudos universitarios oficiais de grao. 

  • Na segunda, que constitúe o catálogo de recoñecemento de créditos, relaciónanse para cada universidade as táboas de créditos recoñecidos e, de ser o caso, as materias validadas para as persoas tituladas en formación profesional de grao superior que desexen cursar –ou estean a facelo– ben estudos universitarios oficias de grao ou ben estudos universitarios correspondentes á anterior ordenación universitaria. 

 

- Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios

 

Nota: A cualificación das materias obxecto de recoñecemento será a nota media obtida polo alumno ou alumna no ciclo formativo, agás as de libre configuración nas que a cualificación será a de apto.

 

 

 

Documentación relacionada