Novas
PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO 2016-17
Solicitudes de admisión para 1º de E.S.O, 2º de E.S.O e para 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais
Xa que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, faise necesario presentar a documentació que xustifique os criterios do baremo.
O prazo de presentación é do 1 ao 12 de abril, ámbos os dous inclusive
Solicitudes de admisión para 3º de E.S.O, 1º de Bacharelato de Ciencias e 2º de Bacharelato
Nestes casos, xa que o número de solicitudes é inferior ao de prazas ofertadas, todas as solicitudes están admitidas e non é necesaria a presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo
Pontevedra a 29 de marzo de 2016
O secretario
Francisco Pacios Álvarez
PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 2016-17
No vindeiro mes de Marzo comeza o proceso de admisión e matrícula do alumnado para o curso 2016-17.
Tanto no taboleiro do centro, como nos arquivos que van xunto a esta entrada, podedes atopar os segunites documentos:
Proceso de Admisión e Matriculacion 2016-17.
Calendario Orientativo de Admisión e Matrícula.
Criterio de Baremación complementaria do Centro
Listaxes de Admitidos e Existencia de Libros para o Fondo Solidario de Libros de Texto
Xa está á vosa disposición a Listaxe Provisional de Admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto , premendo aquí, a podedes ver e descargar.
Por outra banda, se premedes aquí, poderedes ver e descargar as Existencias de Libros do devandito Fondo solidario dispoñibles no Instituto.
ATENCIÓN: A lista de ADMITIDOS é PROVISIONAL e, por problemas do programa informático, non se actualizará ata SETEMBRO. Os erros que podades ver nos documentos publicados, xa están emendados e non é necesario que pasedes polo centro ata SETEMBRO.
Libros de texto para o curso 2015-2016
Facendo clic nos enlaces que tedes máis abaixo poderedes acceder ós libros de texto de cada curso para o ano académico 2015-2016. Fixádevos ben en que nalgunhas materias non se usará libro de texto, en que noutras haberá que agardar ata os primeiros días de clase para mercalo e en que noutras quizais volo poida prestar o centro.
1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BACH. 2º BACH.
Obradoiro de prensa - A voz do Quinto
O pasado venres día 19 tivemos a ocasión de presentar no Salón de Actos do instituto "A voz do Quinto", o xornal solidario resultante do obradoiro de prensa que este curso organizamos no centro. A el asistiron sete alumnos/as, aínda que inicialmente eran trece, e tiveron a ocasión de aprender cuestións relacionadas co xénero xornalístico e coa educación en valores e para o desenvolvemento. Como monitora desta actividade actuou Carmen Novas, responsable de comunicación para o desenvolvemento de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), organización que xunto con Asemblea de Cooperación pola Paz leva xa varios cursos colaborando co noso centro. "A voz do Quinto" é un pequeno xornal cuxa intención é a de promover valores solidarios e concienciar fronte ás inxustizas. Esta edición inclúe artigos sobre igualdade entre homes e mulleres, a protección animal e ambiental, o comercio xusto, o desenvolvemento dos países do Sur... Os que queirades ler a versión completa do xornal, podedes facelo a través desta ligazón.
Matrícula en 2º de Bacharelato para o curso 2015-2016
Proceso de contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do instituto
Para dar cumprimento á INSTRUCIÓN 4/2015 de 1 de xuño de 2015, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da consellería, ábrese un prazo para que calquera persoa física ou xurídica, con capacidade de obrar, poida presentar as ofertas oportunas.
O procedemento a seguir, as condicións esixidas e os criterios para a valoración das ofertas veñen reguladas na citada orde.
Prazo de presentación das ofertas: DO 22 DE XUÑO Ó 10 DE XULLO DE 2015.
Lugar de presentación: OFICINA ADMINISTRATIVA DO IES GONZALO TORRENT BALLESTER
Datos de contacto:
IES GONZALO TORRENTE BALLESTER. Rúa Herminia Fariña, s/n – Pontevedra
Tlfo. 986 863 612
Correo electrónico: ies.torrente.ballester@edu.xunta.es
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iestorrenteballester/
Para máis INFORMACIÓN, pódense consultar, facendo clic enriba deles, os arquivos que se achegan a continuación:
- Instrución 4/2015 de 1 de xuño de 2015.
- Especificacións técnicas.
- Prego de condicións do centro.
- Modelo de instancia de solicitude.
A memoria das mulleres
Representacións teatrais
Dentro da mostra de teatro organizada con motivo do "Ben veñas, maio", dous grupos de teatro do noso instituto van representar cadansúa obra. As actuacións terán lugar o vindeiro xoves 7 de maio. Por unha banda, ás 12.30 horas todos os alumnos de 1º C de ESO, dirixidos pola súa titora Sara Valenzuela, representarán a obra O Entroido, unha adaptación dun texto de Manuel Lourenzo. Por outra banda, ás 18.00 horas o grupo "Os autorizados", formado por alumnos de diferentes cursos, representará a obra Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala. "Os autorizados" son: Adrián López, Alexandre Balea, Celia Martínez, Cristina Rodríguez, Daniel Veiga, Esteban Carballude, Joaquín Méndez, Lucía González, Nara Mahou, Noemia Veiga e Julien F. Courcier (director do grupo). As funcións serán no Teatro Principal de Pontevedra e dende o equipo directivo convidamos a todos os membros da nosa comunidade educativa a asistir a estas actividades.
II Certame de fotografía matemática - Premio popular
Probas PISA (abril-maio de 2015)
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO (curso 2015-2016)
O luns 2 de marzo comezará o prazo de solicitude de prazas para o curso 2015-2016. Este proceso estará regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013). A través deste artigo poderanse seguir todas as novidades relacionadas co proceso de admisión e tamén se terá acceso a toda a información relativa a esta convocatoria. En todo caso, lémbrase a todos os interesados que o PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO DO 2 Ó 23 DE MARZO, ambos os dous días incluídos.
- Información xeral sobre o proceso de admisión (inclúe a oferta de prazas).
- Criterios complementarios e procedemento de acreditación.
- Impreso de solicitude de admisión (editable).
- Anexo A.
- Entrega de documentación xustificativa do baremo só para alumnos de 1º de ESO (25 de marzo ó 7 de abril).
- LISTA PROVISIONAL DE ALUMNOS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS.
- NOVO!!! LISTA DEFINITIVA DE ALUMNOS ADMITIDOS.
- NOVO!!! LISTA DEFINITIVA DE ALUMNOS NON ADMITIDOS.
- NOVO!!! RECURSO QUE SE PODE INTERPOÑER CONTRA AS LISTAS DEFINITIVAS.
Encontro literario no IES G. Torrente Ballester
O noso instituto está a organizar un encontro literario con tres dos escritores máis recoñecidos actualmente no eido da novela negra e policial. Estes son:
- Dolores Redondo, autora da Triloxía de Baztán, da que se levan vendidos máis de medio millón de exemplares;
- Domingo Villar, creador do carismático policía vigués Leo Caldas, protagonista das súas novelas Ollos de auga e A praia dos afogados;
- Pedro Feijoo, autor da intrigante Os fillos do mar e da desasosegante A memoria da choiva.
Ademais, contaremos coa presenza como moderador de Ramón Rozas, periodista e comentarista cultural do Diario de Pontevedra.
O encontro terá lugar no Salón de Actos do instituto o vindeiro mércores dezaoito de febreiro ás sete da tarde; no seu transcurso os convidados debaterán sobre a novela negra e policial, sobre a creación literaria e sobre as preguntas que o auditorio lles dirixa, e farannos partícipes dalgunhas das súas anécdotas, coas que sen dúbida gozaremos... ou sufriremos. O evento estará aberto a toda a cidadanía, xa que así o aconsellaban a relevancia dos tres escritores que nos acompañarán e a ocasión especial que para o noso centro representa organizar un evento destas características.
Dende o equipo directivo e o equipo de bilbioteca do centro convidamos a participar nesta actividade a todas as persoas que poidan estar interesadas nela. Xuntamos a esta pubicación o cartel do encontro.
Celebración do Samaín
Día da Biblioteca Escolar
Material escolar para familias en situación precaria
Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Premios extraordinarios de Bacharelato
Becas do MECD (niveis de renda e contía)
Prazas de residencia para estudos postobrigatorios non universitarios
No DOG do luns 16 de xuño publicouse a orde pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014-2015. Facendo clic neste enlace pódese acceder á orde da convocatoria.