INFORMACIÓN PARA ACOMPAÑAMENTO DO ENSINO TELEMÁTICO
En previsión dun futuro confinamento domiciliario e dun futuro ensino telemático, o Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra ofrece ás familias a posibilidade de formación no seu acompañamento ao alumnado e no coñecemento das ferramentas tecnolóxicas que enriquecen a experiencia de aprendizaxe dende os fogares.