Onda Cero no noso centro

O vindeiro mércores 25, ás 17:00 horas, a biblioteca do noso centro vaise converter nun estudio de radio. A cadea Onda Cero emitirá o seu programa "Cántamo en galego" e nel entrevistarán ao grupo De VACAS , un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces que fan "versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia.".
A actividade, organizada polo departamento de Dinamización lingüística, vai dirixida ao alumnado de 2º e 3º ESO.