Alonso Montero e Xavier Senín no noso centro

Onte tivemos a honra de que visitaran a nosa biblioteca dous grandes da cultura galega: o escritor e tradutor Xavier Senín e o académico Xesús Alonso Montero. Ambos están a preparar un libro sobre a nosa querida María Victoria Moreno, co gallo do Día das Letras Galegas.