Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (2021/22)

Publicada, no DOG do día 20 de maio de 2021, a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

Prazo da presentación: 21/05/2021 - 22/06/2021

Na convocatoria actual pódese realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e posteriormente poderase optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación no centro: neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación. Tamén se pode imprimir en branco e cubrir de xeito manual.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED330B). https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Para presentar as solicitudes no centro é necesario pedir cita previa no teléfono 881867080. Os anexos deberán estar cumprimentados debidamente e haberá que presentar copia da documentación complementaria. Por motivos de hixiene e seguridade non se farán fotocopias, nin facilitaremos os anexos no centro.

Achégase como documentación adxunta un resumo das instrucións do procedemento e os ANEXOS I e II

Un saúdo

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-22

Pódese consultar no documento adxuntado o proceso de admisión do alumnado para o curso 2021-22.

ENLACE Á APLICACIÓN PARA CUBRIR AS SOLICITUDES

A Dirección

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

No DOG do 13 de novembro publícase a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Alumnado  destinatario:

  • Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
  • Alumnado  que  pertenza   a unha  familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €  no  exercicio fiscal  do 2018.
  • Alumnado que  estea  matriculado  en  educación  especial, ou  suxeito  a  tutela  ou  garda  da  Xunta  de  Galicia ou  teña unha  discapacidade  igual  ou  superior  ao 65%, con independencia  da  renda  da  unidade  familiar.

Presentación das solicitudes:

  • Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que NON presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.
  • Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.
  • A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21.
  • As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I).

Prazo de presentación das solicitudes:

  • O prazo para presentar as solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Achégase como documentación adxunta o anexo I e a Orde do 6 de novembro.

Para realizar as xestións no centro é necesario solicitar cita previa.

Un saúdo.

CARTA PRESENTACIÓN ÁS FAMILIAS

Achegamos como ducumentación adxunta a carta de presentación do curso 2020-21 para as familias do alumnado matriculado no IES Terra do Xallas e que contén a seguinte información:

- Carta presentación curso 2020-21
- Calendario escolar
- Horarios de atención ás familias
- Horario de cada grupo

Un saúdo

A Dirección

USO DA MÁSCARA

Segundo o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021, publicado o 31 de agosto:

  • O uso da máscara será obrigatorio a partir dos 6 anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersonal, sen prexuízo das exencións previstas no ordenamento xurídico.O alumnado (a partir do nivel de infantil) e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos do centro educativo, aínda que se cumpra coa distancia de seguridade. Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor”.

Cada alumno/a deberá traer ao centro:

  • Unha máscara que sirva para toda a xornada ou dúas máscaras (as desbotables hai que mudalas cada 4 horas) para o o seu uso.
  • Unha máscara de reposto.
  • Sobre, bolsa de papel ou bolsa de tea para gardar as máscaras non usadas e outra para gardar a máscara usada si a ten que retirar nalgún momento.
  • Lembrar que as máscaras hixiénicas deben estar homologadas, segundo normas UNE 0064 ou 0065.

PRIMEIRO DÍA LECTIVO - INSTRUCIÓNS DE ACCESO AO CENTRO

Achégase como documentación adxunta as instrucións de acceso ao centro o primeiro día lectivo.

Dende a dirección queremos aclarar o seguinte:

  • Moitas familias estiveron entrando na plataforma ABALAR dende o ordenador. Para acceder hai que ter a Chave 365 ou certificado electrónico. Máis operativo é a aplicación ABALAR MÓBIL, xa que os avisos do centro notifícanse mediante mensaxe no móbil. Tamén é certo que a información é máis completa no ordenador. O obxectivo das familias era consultar o grupo asignado ao seu fillo ou filla. Pois ben, dende a dirección informamos que esta información é PROVISIONAL, PODE HABER (E HABERÁ) CAMBIOS NOS GRUPOS. Os grupos definitivos, como nos cursos anteriores, comunícanse o primeiro día de clase ao alumnado. Non se poden publicar, xa que iría en contra da Lei de Protección de Datos.
  • Segundo o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 , publicado o 31 de agosto, nos apartados:

 12. Medidas relativas ás familias e ANPAS, cita textualmente:

12.5. Nas reunións de titoría e nas comunicacións por outros motivos coas familias priorizarase a comunicación por teléfono ou videochamada.

12.6. Utilizarase como mecanismo de comunicación xeral coas familias a páxina web do centro.

11. Regulación de circulacións e de entradas e saídas, cita textualmente:

11.5. (...) con carácter xeral, e salvo razóns xustificadas ou relacionadas con procesos administrativos, ou cando a presenza sexa requirida polo propio centro, non se permite a entrada dos proxenitores no centro educativo. O centro establecerá horarios específicos para a atención das familias non coincidentes con horarios de entrada e saída nin con intercambios de clase ou recreos.

Polo tanto, para acceder ao centro hai que solicitar cita previa chamando ao 881867080 (en horario lectivo) ou enviando un correo a ies.terra.xallas@edu.xunta.gal.

Calquera dúbida ou consulta pódese realizar telefonicamente ou mediante correo electrónico.

Distribuir contido


by Dr. Radut