Segundo o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021, publicado o 31 de agosto:
- “O uso da máscara será obrigatorio a partir dos 6 anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersonal, sen prexuízo das exencións previstas no ordenamento xurídico.O alumnado (a partir do nivel de infantil) e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos do centro educativo, aínda que se cumpra coa distancia de seguridade. Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor”.
Cada alumno/a deberá traer ao centro:
- Unha máscara que sirva para toda a xornada ou dúas máscaras (as desbotables hai que mudalas cada 4 horas) para o o seu uso.
- Unha máscara de reposto.
- Sobre, bolsa de papel ou bolsa de tea para gardar as máscaras non usadas e outra para gardar a máscara usada si a ten que retirar nalgún momento.
- Lembrar que as máscaras hixiénicas deben estar homologadas, segundo normas UNE 0064 ou 0065.
Un saúdo.