Skip to Content

INFORMACIÓN INICIAL DO CURSO 2021/2022

Mañá 15 de setembro arranca o novo curso escolar na educación secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos. Para informar sobre este inicio do curso preséntanse:

- Instrucións de acceso ao centro o primeiro día lectivo do curso 2021/2022 (ver arquivo adxunto).
- Instrucións sobre a recollida dos vales de libros e material (ver arquivo adxunto).

NOVAS DE ÚLTIMA HORA SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021/2022

Segundo a INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE E DA DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E  MOBILIDADE, DO 25 DE XUÑO, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE DE ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2021-2022 :

 

BECAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

Hoxe, día 3 de agosto, abreu o prazo para solicitar as becas que concede o Minsiterio de Educación e Formación Profesional tanto para cursar estudos en Secundaria coma en Bacharelato.

O prazo de solicitudes abrangue dende o 03/08/2021 ata o 30/09/2021. Os trámites deben facelos os interesados/as a través da sede electrónica do ministerio.

 

Enlaces de interese:

Páxina de becas e axudas do MInisterio de Educación e Formación Profesional: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Recórdase que as listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de Texto estarán expostas no hall de entrada do instituto a partir do próximo xoves 8 de xullo.

Lembre que:

CALENDARIO FIN DE CURSO E INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA (CURSO 2021-2022)

Achégase a seguinte información:

  • Calendario fin de curso e horarios de matrícula.
  • Instrucións para formalizar a matrícula (curso 2021-22)
  • Instrucións para realizar o pago de taxas no caixeiro de ABANCA
  • Impreso de matrícula de 1º da ESO.

Por motivos de seguridade e hixiene non se farán fotocopias, nin facilitaremos ningún documento no centro.

Un saúdo.

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut